Berlín

  • Guía de Berlín

    1. Documentación

    A documentación que precisas para desenvolverte en Berlín é a seguinte:

    • Documento de identidade: DNI ou pasaporte. O pasaporte non é obrigatorio, pero si moi recomendable.
    • Tarxeta Sanitaria Europea. Pódese contratar un seguro sanitario privado de forma opcional.

    2. Medios de pago

    Para moverse por Berlín é necesario dispoñer dos seguintes medios de pago:

    • Cartos en efectivo
    • Tarxeta de crédito/débito: na maioría dos comercios non aceptan o pago coas tarxetas españolas. Teñen un tipo especial de tarxetas para isto.

    É recomendable facer unha conta nalgún banco no cal saibas que non cobran comisións por retirar efectivo no estranxeiro. Por exemplo, N26 deixa abrir unha conta online e ofrecen cinco retiradas grauitas ao mes.

    3. Galicia - Berlín

    A conexión con Ryanair é bastante mala. Hai que facer escala en Madrid dunhas 8 horas. Pódese escoller que escala sexa de día ou de noite.

    Para o desprazamento desde o aeroporto de Tegel ao centro é necesaria a adquisición dun ticket AB. Se é desde o de Schönefeld é un ticket ABC.

    4. Aloxamento

    Agora está moi complicado atopar aloxamento. Os algueiros son moi altos (uns 450€ ao mes) e hai moitísima xente buscando habitación. Non esperes atopar habitación por Internet porque ninguén vai alugar unha habitación sen verte e falar. É necesario contratar un Airbnb ou pensión durante o primeiro mes.

    Algunhas páxinas para buscar habitacións son as seguintes:

    Procura non vivir en lugares moi ás aforas (Spandau, Adlershof, Hellersdorf, etc.) porque son sitios con pouco movemento. Vale máis a pena pagar 50€ máis e poder moverte algo que estar alí e tardar unha hora en ir e outra en volver.

    5. Telefonía

    Coa supresión do roaming na Unión Europea, non vale a pena ter un número alemán.

    6. Orientación en Berlín

    Google Maps funciona bastante ben. Para os horarios do transporte público tamén se pode usar BVG, unha aplicación deseñada pola propia compañía de transportes público de Berlín.

    7. Coste da vida

    É unha cidade barata comparada con outras cidades de Europa, pero un pouco máis cara que España, aínda que nada esaxerado.

    8. Transporte

    Vale a pena comprar o ticket mensual, o cal ten un coste de 81€ para a zona AB. Con esta zona cubres casi todo excepto os aeroportos. Pódelo comprar en máquinas das estacións.

    9. Turismo

    Berlín ten moita historia, polo que é fácil atopar algo novo que visitar nos días libres. Algúns dos lugares aconsellados para visitar son os seguintes:

    • Porta de Branderburgo: é unha antiga porta de entrada á cidade e ademais un símbolo da mesma.
    • Alexander Platz: lugar onde se atopa o reloxo do mundo e a Torre de Televisión, que é fácil de ver dende calquera lugar da cidade.
    • Monumento do Holocausto: un lugar de visita obrigada debido ao significado que ten e o impresionante que pode chegar a ser. Trátase dunha obra con case 2800 bloques de formigón de diferentes alguras que simbolizan un cemiterio.
    • Illa dos Museos: como o nome indica, trátase dunha illa que alberta cinco grandes museos que deberías visitar.
    • Localizacións do muro de Berlín: aínda se atopan restos do antigo muro repartidos pola cidade. Probablemente os máis emblemáticos son East Side Gallery (anaco do muro que se convertiu nunha galería urbana ao aire libre), así como o Chekpoint Charlie, antigo paso fronteirizo entre a parte soviética e occidental da cidade.
    • Tiergartes: é o parrque máis imporatnte da cidade e alberga o zoolóxico de Berlín.

    Ademais dos anteriores, existen outros moitos lugares de interese, así como actividades que se realizan na cidade ao longo do ano. É bastante recomendable aproveitar os días libres para visitar sempre algo novo, xa que se pode dicir que a cidade conta con varios centros, polo que os lugares de interese están bastante repartidos por todo o territorio e fai falta tempo para ver todo con calma.