Manchester

  • Guía de Manchester

    Autores (IES San Clemente): Guillermo Digón, Carlos Díaz.

    1. Documentación

    A documentación que precisas para desenvolverte en Mánchester é a seguinte:

    • Documento de identidade: DNI ou pasaporte. O pasaporte non é obrigatorio, pero si moi recomendable.
    • Tarxeta Sanitaria Europea.

    2. Medios de pago

    Para moverse por Maschester é necesario dispoñer dos seguintes medios de pago:

    • Tarxeta de débito/crédito: é moi recomendable consultar coa nosa entidade banaria as comisión derivadas do uso da tarxeta para non levar sorpresas, tanto en pago en puntos de venta como para a retirada en caixeiros.
    • Libras en efectivo.

    A moeda oficial do Reino Unido é a libra esterlina, tamén coñecida como quid ou pound. As casas de cambios de divisa aplican unha comisión bastante elevada sobre o cambio de divisa oficial. A opción máis interesante e empregar Transferwise, pero é preciso ter unha conta en Manchester. Outra opción é empregar Revolut, un banco online que permite facer un cambio bastante bo. Cobran 6€ polo envío da tarxeta.

    3. Manchester: a cidade

    Manchester é unha cidade situada no noroeste da illa de Gran Bretaña. No pasado tivo unha importancia relevante, sendo unha das principais capitais da Revolución Industrial, especialmente vinculada coa industria do algodón.

    Este pasado industrial e a súa posterior decadencia marcan o carácter da cidade, reflexado nos seus edificios, nas súas rúas e mesmo nos seus costumes sociais.

    Na actualidade e despois dun período de crise na segunda metade do século pasado, a cidade está experimentando un crecemento moi importante situándose na como a segunda área metropolitana máis imporante no Reino Unido, despois de Londres

    Este crecemento vén da man dunha clara aposta polo ensino, pois na área agrúpanse ao redor de oito universidades.

    Ao ser berce do boom industrial, sempre estivo relacionada co sector das TIC, un dos primeiros supercomputadores do mundo estivo aloxado nunha das universidades de Manchester.

    4. Clima

    Non dista moito do clima de Galicia, se ben é certo que é un pouco máis frío e con máis ausencia de sol. Aconséllase, polo tanto, viaxar con roupa axeitada para este clima.

    5. Seguridade social

    O NINO (National Insurance Number) é o número da seguridade social, preciso para traballar no Reino Unido, ainda que non é necesario para as prácticas.

    O trámite para a súa solicitude non é complexo e resúmese nos seguinte puntos:

    • Concertar unha cita para unha entrevista chamando ao seguinte numero: 0300 200 3500. Para realizar este trámite, é preciso ter primeiro unha proof of address, que pode ser un contrato de vivenda, un recibo bancario, etc.
    • Unha vez concertada a cita débese acudir ao Job Center (o servizo de emprego) e, unha vez alí, facer unha entrevista: datos persoais, motivo da solicitude, etc.
    • En aproximadamente 15-20 días laborais recíbese unha carta no domicilio co devandito número.

    6. Sistema sanitario

    O sistema sanitario inglés é gratuíto e universal ao igual que o español. O primeiro paso é rexistrarse no GP (centro médico) máis próximo para que che asignen un médico de cabeceira. No caso das prácticas, é necesario estar en posesión da Tarxeta Sanitaria Europea.

    7. Aloxamento

    Quizais o punto máis difícil á hora de emprender a aventura Erasmus+ sexa a busca do aloxamento. Existen diferentes sitios para buscar como:

    Atopar aloxamento só para tres meses é algo arduo pois os contratos mínimos son de seis meses. Aínda así, hai Landlord (caseiros) que ofrecen short term (estancias curtas).

    Respecto das zonas cómpre recordar que en UK as cidades distribúense por códigos postais, dado que moitas veces os nomes da rúas repítense.

    Actualmente a empresa onde se realizan as prácticas está situada en Stockport, unha cidade anexa dentro da area metropolitana do Greater Manchester.

    Os códigos de zonas aconsellables son:

    • M1 (City Center-Town): é o centro da cidade, economicamente os prezos son prohibitivos, aínda que conta coas vantaxes de vivir no centro como pode ser o acceso ao bus e o tren.
    • M14 (Ruslhome): tamén coñecida como a curry mille (pola abundancia de restaurantes indios e pakistanies). É unha zona con bos prezos, casas antigas e con fama de conflitiva, mais pode ser un bo sitio onde comezar. Evitar a zona próxima a Moss Side. Mellor a zona de Fallowfield ou Victoria Park. Está moi ben comunicada co centro con servizo de buses 24 horas ademais de acceso a supermercados económicos (Aldi e Lidl).
    • M14 (Fallowfield): zona próxima a Rulshome con presenza maioritaria de estudantes universitarios. Prezo relativamente económico e con acceso a supermercados.
    • M20 (Withington): zona próxima a Fallowfield máis residencial e, polo tanto, con prezos por cuarto máis elevados. Acceso ao bus 24 horas ao igual que as dúas anteriores.
    • Fallowfield, Rusholme e Withington sitúanse ao sur da cidade no camiño a Stockport (onde está a empresa) e con servizo permanente ao aeroporto.

    Outras zonas que poderían ser consideradas son:

    • Stockport: prezo demasiado elevado e difícil atopar contratos de 3 meses.
    • Longsight e Levenshulme: ambos situados no corredor de Stockport Road e con boa dispoñibilidade de buses e prezos económicos. Estas áreas son semellante a Ruslhome no tocante a poboación e ao estado das casas.

    Recomendable aloxarse en host families.

    Para estancias curtas tamén é interesante Airbnb onde se poden atopar cuartos por 18€ a noite.

    8. Galicia - Manchester

    Non hai conexión directa Galicia-Manchester, polo que as vías mais óptimas poden ser:

    • Santiago-Madrid-Manchester
    • Porto-Manchester
    • Santiago-London-Manchester (vía bus ou tren)

    9. Transporte

    Para desprazarse por Manchester, o transporte metropolitano está formando por tranvía, sistema de ferrocarril e buses, os cales funcionan moi ben.

    Para as persoas que teñan 26 anos ou menos existe un pase para o bus (extensible ao tranvía) chamado System One que permite facer uso de calquera bus urbano de calquera compañía dentro do Greater Manchester.

    10. Telefonía

    Aínda que coa entrada do roaming grauíto se pode empregar a tarifa española, é aconsellable ter o número inglés, sobre todo para a procura de emprego. Algunhas compañías telefónicas económicas son:

    11. Ocio nocturno

    Manchester é unhas das cidades con máis relevancia tanto dentro da música electrónica como do chamado British Pop. Grupos como Oasis e The Smiths son orixinarios da cidade e, por tanto, non é raro saír de festa rematar por cantar Wonderwall ou This Charming Man.

    Ao ser cidade universitaria por excelencia e cunha cultura musical incrible, a multitude de estilos é sorprendente.

    Algunhas zonas de ambiente son:

    • Oxford Street.
    • Printworks.
    • Deansgate Locks.
    • Canal Street.

    12. Gastronomía

    Cómpre recalcar que a cultura gastronómica non é o punto máis forte deste país. Sempre ides atopar aberto un takeawaysexa calquera que sexa a hora.

    Na zona da Curry Mile pódese atopar multitude de restaurante con comida india, libanesa, etc.

    Tamén se aconsellan os pubs da cadea Wetherspoons.

    No tocante aos supermercados e ordenados por prezo, disponse de:

    • Aldi
    • Lidl
    • Asda
    • Tesco
    • Sainsbury

    13. Emprego

    O nivel de desemprego no país esta por debaixo do 4%, polo que atopar un traballo é relativamente fácil.

    As páxinas máis aconsellables para a busca dun emprego son:

    Tamén hai unha multitude de empresas de traballo temporal.

    É aconsellable que se estás en prácticas te apuntes no SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) como demandantes de emprego en España, pois no caso de que te contraten, poderían acceder a unha bola Eures. Isto hai que comunicalo previamente á sinatura do contrato. A contía é bastante elevada. Podes atopar información sobre o trámite na páxina web do SEPE.

    España esgotou o crédito, pero pódense solicitar a Suecia ou a Francia. Basicamente son tres axudas: para entrevista, para o traslada e para un curso de inglés.

    14. Facebook

    A comunidade española na cidade é bastante grande e podes atopar moita axuda empregando os diferentes grupos de Facebook. Tamén, e aínda que é menor, dispoñemos dunha cominidade galega moi activa.