Guía de Dublín (II)
Autores: Cristina R. Cespón, Óscar Vidal, Alexandra Belín, Martín Galante, Álvaro Veiga, Adrián Cabo, Bruno Piñeiro, Luís R. Castromil, Jacobo López, Pablo Domínguez, Simón García, Javier Rodríguez, Adrián Segade.
6. Zonas de Dublín
Zonas baratas
- Dublin 1: Abbey St., Dorset St., Capel St., Parnell St. e Sq. Todo o que é o centro.
- Dublin 2: case toda a zona.
- Dublin 4: case toda a zona.
- Dublin 6: é unha zona un pouco máis cara. Ranelagh, Rathmines e Rathgar.
- Dublin 7: Phibsboro e pode que Cabra Rd. (Four courts/Smithfields).
- Dublin 8: Portobello, o máis pegado ao este que poidas.
- Dublin 9: Drumcondra e Botanic Gardens.
Zonas a evitar
- Dublin 1: zonas de Mountjoy e Summerhil.
- Dublin 3: toda a zona en xeral.
- Dublin 8: préto á canle está ben, aínda que non é boa zona cerca da Guinness.
- Dublin 9: Ballymun. Cerca de Botanic Gardens ou Druncondra non están mal.
7. Ocio
Nos locais nocturnos poden pedirche o DNI, polo que é importante que vaias co DNI sempre que saias. Non se fixan nas apariencias, polo que dá igual que aparentes 15 ou 40. Para a persoa que controla o acceso ó local, o importante é o que pon no documento.
A idade mínima adoita ser os 21, a cal coincide coa idade que debes ter para adquirir alcol. Nalgúns locais teñen normas de vestimenta.
Algúns locais nocturnos que podes atopar en Dublin son:
- Dicey's Garden Club: é unha discoteca moi recomendada polo seu ambiente e os seus prezos baixos: os martes ten as pintas a 2.50€. Antes das 21h, a entrada gratuíta; senón son 5€ (sen consumición). É un lugar ao que van moitos Erasmus.
- The Living Room: ten máis de 20 pantallas para ver deportes e televisan moitos partidos. Sempre hai bo ambiente.
- Howl at the Moon: ten boas ofertas todos os días da semana. Os mércores teñen pintas e copas a 2.50€ toda a noite. A entrada é gratuita antes das 21h.
- Mercantile Group: se prefires rodearte de xente española, é un pub frecuentado por xente de fala hispana.
- O'Reillys: atópase en Tara Streen. Ten boas ofertas e hai moitos universitarios. Poñen música rock e metal con entrada libre.
- River Bar: lugar moi concurrido con música comercial e latina.
- Wiley Fox: teñen xerras de cervexa por 9€, polo que a pinta sae a 3€ por cabeza.
Se buscas música en directo, Temple Bar é a zona que buscas. A bebida é máis cara, pero sempre paga a pena pasar por alí e desfrutar do bo ambiente.
8. Supermercados
Algúns supermercados que podes atopar en Dublin son:
- Tesco: ten produtos moi baratos, sobre todo de marca branca. Podes atopar fideos por 0.15€.
- Lidl: moi barato.
- Aldi: moi barato.
- SPAR: dos máis caros. Desaconsellable polo prezo.
As bolsas nos supermercados son de pago e caras. Se buscas no propio supermercado, podes atopar rolos de bolsas para facer a compra.
9. Restauración
Algúns sitios para tomar café son:
- Seafood Café: prezos baixos e moderno. Pola mesma zona, podes topar outros para tomar un café.
- SPAR: ao lado do Trinity, hai un SPAR que ten mokachino e cholocate decente. O prezo é de 1€ o vaso de calquera tipo de café.
Á hora de comer fóra, hai varios sitios interesantes:
- Hang Sun Asian market: está na rúa Great Strand. Ten a apariencia dunha tenda de comida china, pero se estras, ao fondo é un restaurante que en relación calidade-precio está moi ben. Cómese por 6-8 euros.
- Freshii: atópase no edificio CHQ. Por un prezo económico escolles unha ensalada e os engadidos que queiras. Teñen tanto ensaladas normais como noodles, arroz ou burritos.
- Bullet Duck & Dumplings.
- Ray´s Pizza.
- Pinnochio Italian Restaurant.
Préto do río hai varios buffets libres por uns 10 euros e os sitios de burritos tamén están moi ben. No resto de lugares hai que ter coidado porque, polo xeral, unha comida normal sae facilmente por uns 15 euros.
10. Transporte
Aeroporto de Dublín a Dublín cidade
Desde o aeroporte de Dublin a Dublin 9-7, en taxi son uns 20€. Ata o centro pode que ande sobre os 25€. Hai unha tasa de 1€ por persoa adicional, é dicir, se van dúas persoas hai que engadirlle 1€; se van tres persoas, 2€; etc.
Hai un bus que sae do aeroporto que se chama 747 e que fai varias paradas (unha en O'Connell, centro de Dublín por onde pasan practicamente todos os buses públicos). O prezo é de 6€. A tarifa é única, polo tanto, é o un único prezo independentemente de onde baixes.
Autobuses urbanos
Os buses urbanos de Dublín están operativos ata as 23:30h. Os buses non dan cambio, así que soes ter que gardar as monedas de 1€ ou menos para pagar o bus. Se pagas de máis, danche un recibo que pon "debémosche tanto, vaite á oficina do centro a reclamalo".
Para que un bus pare hai que levantar a man para que o conductor vexa que ten que facer a parada. Se esperades a que pare un bus, só o vai facer cando alguén queira baixar nesa parada.
Leap Card
Para calquera transporte urbano de Dublín ou arredores como LUAS (tranvía), DART (cercanías) ou bus pódese utilizar a mesma tarxeta: a Leap Card.
A Leap Card é moi recomendable se va a utilizar o transporte público porque realizar unha recarga da tarxeta e vanche descontando cada vez que a utilizas. No bus só a pasas unha vez cando entras, pero no LUAS pásase antes de subir e tamén cando se baixa.
Aínda coa Leap Card, o transporte urbano non é nada barato. O prezo das viaxes en bus oscila entre 1.50€ e 2.90€ dependendo do número de paradas que se percorran. O máis habitual é que sexa entre 4 e 13 paradas, o cal ten un custo de 2.15€. Ademais, hai que ter en conta que os buses á hora de ir ao traballo van con moita xente e é probable que se teña que esperar 10 minutos polo seguinte.
Un punto imporante é que se rexistre a Leap Card na súa páxina web para así coñecer en todo momento o saldo que se ten e, no caso de que se perda a tarxeta, poder recuperar o importe que tiña cargado. Tamén se pode solicitar unha Leap Card de estudante, a cal abarata as tarifas de transporte e ofrece a oportunidade de descontos en certas tendas. Nun prazo de 7 días débese pasar a recollela nunha oficina autorizada. Débese ensinar algún documento acreditativo de ser estudante (por exemplo, o convenio Erasmus+).
Durante a fin de semana recoméndase colelr a tarxeta de 72 horas para o transporte público, xa que permite utilizar o transporte público de forma ilimitada durante 72 horas por 20€.
Bicicleta
Outra opción de transporte dentro de Dublín é a bicicleta. Neste aspecto hai dúas opcións: comparala ou empregar Dublin Bikes.
Se se opta pola opción de mercar unha bicicleta, recoméndase que sexa de segunda man, xa que ao ser unha estadía moi curta non compensa unha nova. A compra da bicicleta é recomendable facela nalgunha das moitas tendas de bicicletas que hai por Dublin. Débense evitar as tendas que están en zonas máis agochadas e as que se anuncian para estudantes xa que moitas veces son bicicletas roubadas e poden ser estafas. Hai que asegurarse de comporar un bo candado xa que é moi habitual o roubo de bicicletas.
A segunda opción é empregar o sistema de bicicletas públicas da cidade (Dublin Bikes). A subscripción anual é de 20€ e podes utilizar as bicis entre as 5:00h e as 00:30h. A primeira media hora é gratuíta, despois pagas arredor de 50 céntimos polas horas adicionais. Para empregar a media hora gratuíta non é necesario ter a subscripción e pódese coller unha bicicleta durante 30 minutos, deixala e coller outra diferente durante outros 30 minutos, sen custe. Dublin Bikes ofrece aplicacións para móbil que mostran a dispoñibilidade das bicicletas nas paradas próximas. Tamén podes buscar "dublin bikes" en Google Maps e dirache cantas bicicletas dispoñibles hai exactamente en cada estación.
11. Turismo
O seguinte mapa mostra sitios interesantes para ver ou visitar en Irlanda. Moitos deles atópanse en Dublín.