Porto

  • Guía de Porto

    Nesta guía atoparás:

    1. Documentación necesaria.
    2. Como atopar aloxamento.
    3. Información sobre o sistema sanitario.
    4. Información sobre telefonía.
    5. Transporte.
    6. Datos da cidade.
    7. Deporte.
    8. Lista de días festivos.
    9. Comercio.
    10. Ocio.
    11. Gastronomía.

    1. Documentación

    A documentación que precisas de forma obrigatoria para desenvolverte en Porto é a seguinte:

    • Documento de identidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.
    • Tarxeta Sanitaria Europea (Cartão Sanitário Europeu).
    • Certificado de residencia (certificado de morada): (passado pela junta de freguesia) para inscrever-se no centro de saúde, emitido pela empresa

    A documentación opcional sería a seguinte:

    • Tarxeta de débito/crédito: poderás retirar cartos nos bancos e pagar nas tendas sen comisión.
    • Carné xove (Cartão Jovem): terás descontos en transporte, lugares a visitar e museos.

    2. Aloxamento

    Habitación

    Atopar aloxamento é sinxelo sempre que non se queira compartir piso con compañeiros españois. Se é así, é moito máis difícil xa que a maioría das inmobiliarias non alugan apartamentos por só 3 meses. É moito máis fácil alugar unha habitación.

    Se non queres pagarlle a intermediarios, podes buscar aloxamento usando Facebook na opción de "Marketplace" indicando Porto na ubicación. É unha forma sinxela de contactar directamente co arrendatario.

    Algunhas páxinas web para buscar habitacións son:

    Un particular recomendado por Christian que aluga habitacións en varias residencia no centro de Porto é rita.pinho.3@gmail.com.

    Existes grupos de Facebook para buscar aloxamento. Publica un anuncio e agarda a que contacten contigo.

    Unha zona de especial interese é a zona de Ermesinde. Contacta con Ana, aluga algunha habitación en apartamentos.

    Unha recomendación é acercarse persoalmente a Gandra a buscar aloxamento, indo ben documentado acerca de onde buscar.

    Pensión

    Algunhas pensións recomendadas son:

    Residencia de estudantes

    Algunhas residencias de estudantes son:

    • SPRU.
    • Residência multicultural Erasmus: recomendada por dous estudantes do instituto.
    • Porto Studios.
    • Residência Universitária de Gandra: a 15 quilómetros de Paredes. O seu prezo é de 450€/mes. Tamén ten prezos por semana e día. O aire acondicionado ten un coste adicional de 30€ e o garaxe de 50€. A cociña é común. Os cuartos son individuais con cama, mesa, televisión, Internet, armacia e baño. Na pranta baixa hai unha cafetería e unha sala común para estudiar, con enchufes para o ordenador. Con tendas cerca, supermercado, farmacia, restaurantes, pizzerías, etc. As comidas son baratas: 5.50€.

    Casas de particulares

    Algunhas casas son:

    • Private Rooms Marquês: Praça Artur Santos Silva 18 6º, Porto - +351 966 185 947 - geral@florbela-machado.com
    • No Marquês: sofiapireslima@gmail.com
    • Casa Sílvio Cervan.
    • ID Student House.
    • Apartamento para seis persoas (350€/mes por habitación) na rúa João Alves Tavares 100. A propietaria é Noemi Fonseca e podes contactar con ela no teléfono 00351914083600. 
    • Carlos Oliveira, que ten unha casa en Avenida Padre Luis Pinto Carneiro, 825 que ten un prezo inmellorábel (a nós custounos cuarto, luz, auga e internet 160€/mes. Inconvinte, hai que ter carro para morar alí e se desprazar ao traballo e aos núcleos urbanos porque fica nunha aldea). +351914796553. Mesmo cando el ten todo cheo, ten tamén contactos pola zona que poden ser de axuda. Recomendado por Álex e Carla.
    • Cristina Monteiro ten aloxamento en Gandra o seu número é +351 919 501 199. Recomendado por Ángel Mosteiro.
    • Rita ten aloxamento en Gandra, o seu número de teléfono é +351 965 774 032, e atende por whatsapp. Recomendado por Adam Firvida.

    3. Sistema sanitario

    A Tarxeta Sanitaria Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suiza.

    Se precisas dunha consulta será necesario incribirse previamente no centro de saúde. Para iso, a empresa debe proporciona un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia temporal en Porto. 

    No caso de ter unha emerxencia, podes ir un hospital e pagar 20€. A consulta noc entro de saúde ten un coste de 5€ e radiografía ou ecografía costa 3€.

    En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de España porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.

    4. Telefonía

    Agora non é preciso comprar teléfono portugués porque xa se eliminou o roaming en Europa, aínda que débense consultar as condicións coa compañía.

    No caso de estar interesado, hai tarxetas SIM pregapo nas seguintes compañías:

    • WTF: está moi ben de prezo e dan bo servizo.
    • Moche: adoita ofertar tarifas baratas para estudantes menores de 25. Se es estranxeiro é complicado obter unha tarifa dese tipo.
    • MEO.
    • NOS.

    5. Transporte

    Existen diferentes posibilidades para moverse por Porto. A continuación, preséntanse as diferentes opcións:

    Metro

    Cada viaxe costa 1.70€. Dentro do prezo van incluidos os transbordos e ida-volta durante hora na mesma zona.

    Para utilizar o metro debemos ter un bono axeitado para a zona ou zonas que imos atravesar. Por exemplo, un bono Z2 para dúas zonas ten un coste de 1.20€ e permite cambiar de liña durante unha hora. É o bono máis barato. 

    Unha tarxeta recargable ten un coste de 2 euros.

    Barco

    Hai unha visita guiada en barco que pasa por debaixo das seis pontes de Porto.

    Tren

    Recoméndase visitar a Estação de comboios de São Bento.

    Teleférico e funicular

    Na marxe sur do Douro hai un teleférico que une a ponte D. Luíz á ribeiro de Vila Nova de Gaia.

    Na marxe norte hai un funicular que evitar subir grandes costas.

    Tarxeta de transporte (Cartão Andante)

    Porto divídese por zonas e os tickets para circular polas mesmas son máis caros en función da cantidade de zonas polas cales precisas pasar. Para aforrar nos transportes convén adquirir un Cartão Andante por 6€. 

    Se atravesas tres zonas en total o prezo é de 30€ ao mes. Unha vez pagado non hai que pagar polo tren nin o bus sempre que se movan dentro das zonas contratadas. Para todo Porto son 40€ ao mes.

    Viaxe Galiza-Porto

    Para viaxar dende Santiago a Lisboa, existen varias opcións:

    • A compañía ALSA proporciona autobuses con destino Lisboa sen necesidade de facer transbordo. Este autobús tamén pasa pola Coruña e Vigo.
    • A compañía de autobuses FlixBus oferta billetes directos Santiago-Porto moi baratos. 
    • Tamén é posible viaxar en tren facendo transbordo en Vigo, correndo o risco de perder o enlace.

     

    6. Porto: a cidade

    Porto é unha cidade grande e bonita. Ten moitos lugares interesantes que visitar. Destacamos a zona do río, a cal separa Vila Nova de Gaia e Porto. A casa da música do Porto, situada no centro da cidade, ten unha fachada moi especial. Recoméndase, tamén, pasear polo parque de Porto.

    Lugares recomendables para visitar:

    • Ponte Don Luiz I. Pódesde ir por arriba da ponte ao lado das vías do tren, encima hai uns xardíns moi bonitos
    • Existen uns telesillas que dan unha volta pola cidade.
    • Catedral de Porto, con vistas moi bonitas da cidade.
    • Praia da Madalena.
    • Monumento ao infante Don Enrique.
    • Monumento a Garrett.
    • Livraria Lello.
    • Estação do comboio de São Bento.
    • Mercado do Bolhão.
    • Casa da música.
    • Foz do Douro.
    • Parque de Serralves.
    • Café Majestic.
    • Jardins do Palácio de Cristal.  Está a 1km do centro do Porto, andando son aproximadamente uns 14 minutos. É un lugar moi turístico, posto que é unha zona verde cun paseo moi bonito e grande. Hai Pavos Reais e outro tipo de animais soltos pola zona. Ten un estanque con patos. Segundo entras pódese ver un pavillón de frente. Pola parte de atrás tes vistas do río Douro e tambén da ponte de Don Luis.
    • Coliseo de Porto.
    • Zoo de Maia.

    Algunhas páxinas para estar ao tanto da vida da cidade son:

    • TimeOut: noticias, eventos e guías.
    • Agenda: pódense ver os próximos eventos na cidade.
    • Hikersbay: axenda de concertos da cidade e arredores.

    Lugares para visitar fóra da cidade son:

    • Parque da Senhora do Salto: está a 15 en coche de Gandra.
    • Passadiços do Paiva: a 1 hora de Gandra.
    • Matosinhos: ten grandes centros comerciais e praias moi bonitas.

    7. Deporte

    En Porto hai moitos ximnasios e pavellóns como o Pavilhão da Areosa, Rio Tinto. Nel pódense xogar e realizar moitos deportes como fútbol, baloncesto, ténis, fútbol-sala, etc.

    Pódese pagar mensualmente ou diariamente. Tamén hai o estadio do Porto, lugar onde se poden ver un dos mellores equipos de Portugal.

    8. Festivos

    Algúns días festivos en Porto son:

    • 25 de abril: revolução de 1974.
    • 1 de maio: o día do traballador.
    • 26 de maio: Corpo de Deus.
    • 10 de xuño: día de Portugal.
    • 24 de xuño: feriado de Porto.
    • 15 de agosto.
    • 1 de novembro.

    Algúns días festivos en Paredes son:

    • O luns que segue ao terceiro domingo de xullo

    9. Comercio

    Hai moitas tendas para visitar: de deporte, de material informática, de alimentación, de roupa, etc. Algunhas tendas que podemos atopar son: FNAC, FootLocker, Nike, Apple Store, Via Catarina, Aliados, etc.

    Un dos locais que mais visitamos foi o Centro Comercial Catarina Shopping que está na Rúa de Santa Catarina 312 a 350, 4000-443 Porto, un sitio moi acolledor no cal fixemos numerosas compras. Dentro hai ALDI, en Portugal hai moitos, tamén moi bo sitio para as compras. 

    O Shopping Cidade do Porto. R. de Gonçalo Sampaio 350, 4150-365, Porto. É moi grande e podense visitar unha gran variedade de tendas coñecidas.

    Cerca do río Tinto, recoméndase o centro comercial Parque Nascente.

    No río Tinto, o supermercado recomendado é Continente.

    En Vila Do Conde, hai un Outlet moi famoso e con bos precios, chamase Fashion Outlet.

    10. Ocio

    Porto ten moitos locais onde poder divertirse e pasar unha boa noite como a Gare Clube ou Lottus son discotecas moi famosas de música electrónica en Porto e en Portugal. Tamén hai xardíns onde a xente se xunta para beber e pasar unha boa noite. 

    Na zona dos Aliados, cerca da famosa libraría Lello, hai unha zona importante de bares nocturnos e discotecas.

    Outros locais de música son:

    • V8 Porto: aberto de 22h a 6h.
    • Espaço 77: aberto de 18h a 6h. O mellor sitio para ir beber unha cervexas baratas.
    • Moreclub: discoteca con moi bo ambiente. Ten dous pisos con música diferente, lusa e hispana.
    • Khan el Khalili - Casa de chá egípcia: con espectáculos de danza do ventre.
    • Fábrica Nortada.

    11. Gastronomía

    Algúns lugares para comer ou tomar algo son:

    • Pedro dos Frangos:  Rua do Bonjardim 223 312, 4000-124 Porto
    • Novo Rumo: Rua Nova do Fojo 137, 4400-232 Vila Nova de Gaia
    • Rivoli Cinema Hostel: Rua do Dr. Magalhães Lemos 83, 4000-332 Porto
    • Bobaque: Rua central de Gandra 4420-154. Carnes, peixes e marisco a bo prezo, tamén ten comida para levar.
    • Mel e Pimenta: R. Central da Gandra 1229, 4585-116). Pratos económicos por 4,5€. 
    • Pizzaria Neto's: R. Central da Gandra 1240, 4585-248. Ten unhas sobremesas caseiras exquisitas.
    • Café SantiagoR. de Passos Manuel 226, 4000-382. Ten a mellor francesinha do Porto e tamén moi bo bacallao.
    • Barris do Douro, está ao carón da ponte de Luis I, un restaurante moi bonito e familiar con moi boa comida e unha atención ao cliente magnífica. Os prezos son boisimos, sen díbida un dos mellores restaurantes.
    • Restaurante Casa Guedes: no centro do Porto, na Praça dos Poveiros 130.