Dublin

  • Guía de Dublín

    Autores: Julián Cespón, Cristina R. Cespón, Óscar Vidal, Alexandra Belín, Martín Galante, Álvaro Veiga, Adrián Cabo, Bruno Piñeiro, Luís R. Castromil, Jacobo López, Pablo Domínguez, Simón García, Javier Rodríguez, Adrián Segade.

    Nesta guía atoparás:

    1. Grupos de Facebook que che poden axudar a atopar outra xente de Dublín.
    2. Información sobre a seguridade social.
    3. Como buscar traballo.
    4. O funcionamento do sistema sanitario.
    5. Como atopar aloxamento.
    6. Zonas de Dublín.
    7. Ocio.
    8. Supermercados.
    9. Restauración.
    10. Transporte.
    11. Lugares para visitar.

    1. Facebook

    No grupo Españoles en Irlanda (19000 membros) atoparás xente amable que realiza múltiples eventos e que sempre estará disposta a botarche unha man. As respostan habitúan a ser bastante rápido.

    Tamén dispós do grupo Españoles en Dublín, Irlanda (25000 membros), no cal tamén che poderán axudar. 

    Hai máis grupos e páxinas de Facebook na cal atoparás máis información e consellos, mesmo para atopar aloxamento ou mercar unha bici de alguén que marcha.

    2. Seguridade social

    O máis importante en relación a este tema é coñecer que o PPS é o número da seguridade social.

    Vaias quedar ou non, aconsellamos pedir o formulario para socilitar o PPS, o cal tarda en chegar entre unha e tres semanas. O número chégache nunha carta á dirección que indicastes. Intenta non cambiar de dirección nese período de espera xa que sería un problema pedilo de novo debido a que poñen moitas trabas e é moito máis lento.

    Pide facturas na cales figuren o teu nome e enderezo. Por exemplo, da residencia, móbil, luz ou calquera outro servizo que poida servir para xustificar a túa residencia.

    Tamén se pode solicitar o PPS cos datos da empresa na cal traballas ou estás realizando prácticas. Tardas dous días en comunicarllo á empresa.

    É importante que teñas en conta que, no caso de traballar sen o PPS, a retención que aplican sobre o soldo é moi alta (do 40-50%), aínda que unha vez que asignan o PPS, a empresa devolve a diferenza (o habitual é un 20%).

    O PPS pódelo pedir cunha carta do caseiro ou de calquera outra persoa. Non son estritos nese aspecto, así que é moi recomendable pedilo cando chegues, independetemente de se o vas a utilizar ou non.

    A web da seguridade social irlandesa é http://www.welfare.ie/en.Nesta páxina listas todos os servizos sociais dos que dispón o goberno irlandés.

    3. Traballo

    Para buscar traballo, podes acceder aos seguintes portais web:

    Información sobre o traballo

    Se vas quedar a traballar ou por máis tempo en Irlanda, recomendamos que te deas de alta na embaixada como residente no estranxeiro para poder votar ou realizar algúns trámites.

    4. Sistema sanitario

    Antes de viaxar a Irlanda, é aconsellable ter algún documento para ter acceso ao sistema sanitario. Para iso, hai dúas opcións:

    • Solicitar un papel da Seguridade Social española para ter asistencia sanitaria no estranxeiro durante tres meses.
    • Solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea, a cal ten unha validez de dous anos.

    É importante que, cando solicites, o papel ou a tarxeta digas que vas de vacacións, porque se comentas que vas de Erasmus+ poñen problemas: piden levar o convenio e terías que ir en vésperas da viaxe. En calquera dos casos, fai o proceso con antelación.

    En Irlanda as prestacións médicas son de pago. Practicamente toda a xente ten seguros privados xa que a cobertura pública é deficiente.

    Nota de Bruno: «Pódese ir a urxencias. Eu nunca funa, pero tamén hai médicos de familia aos que podes ir e eles poden receitar o que necesites, ou derivarte a un hospital ou a facer análises. Cando fun eu, creo que foron 50-60€ pola consulta e despois os medicamentos, que non son baratos, pero tiña a tarxeta europea e non me cobraron nada na consulta, pero si a medicación.».

    Nota de Alexandra: «Tes que ver primeiro a un "GP", que é o médico de cabeceira. No caso de ter que ir ao hospital, tes que ir primeiro ao GP e que te derive porque senón tes que pagar unha factura duns 100€. Eu fun a Grafton Medican Practice: aceptáronme a Sanitaria sen pagar consulta e tratáronme moi ben. Só tiven que pagar 2.50€ dos antibióticos na farmacia.».

    5. Aloxamento

    Á hora de buscar onde vivir é recomendable non cerrarse a un só tipo de alonxamento: en todos os sitios hai de todo, independentemente de se é un piso compartido, un host familiy, etc.

    Facer unha visita para ver o sitio é case obrigatorio (incluso se é unha host family). O mellor é chamar por teléfono e ver o aloxamento antes de contratalo, xa que podes atoparte cunha habitación inhabitable. Non é habitual que respondan aos correos electrónicos.

    Dublín é caro: alugar unha habitación é case imposible por menos de 700€. Tes que ter paciencia mentres buscas porque non hai demasiados sitios bos. O mellor que podes facer é chamar a cada número de teléfono que atopes en rent.ie ou daft.ie. Tamén podes probar en outros sitios como Spotahome, o cal che busca aloxamento a cambio dunha taxa. Pode ser unha boa opción se non queres pasar moito tempo nun hostel mentres buscas o aloxamento.

    No caso de que optes por aloxarte nun hostel mentres buscas aloxamento, recomendámosche HostelWorld.

    Unha forma que funciona bastante ben para atopar aloxamento, aínda que hai que ter moito máis coidado cos contratos é unirse a páxinas de Facebook pensadas para atopar aloxamento. É o caso de Rent in Dublin (70000 membros), na cal se alugan todo tipo de aloxamentos.

    Host family

    Normalmente son xente acostumada a recibir estudantes estranxeiros e poden axudarche a resolver calquera dúbida ou problema que teñas. Cada host family ten as súas normas, as cales é recomendable coñecer antes de escollela.

    Outra cousa a ter en conta é o prezo. Na páxina Homestay pagas un adianto se é unha semana. É algo simbólico, pero se reservas dous meses ou tres, a cifra "simbólica" pode ascender a 400€. O que podes facer para evitar isto, é reservar para unha semana e, cando teñas confianza coa familia, dislle que queres quedar máis tempo, pero sen reservar pola páxina, onde estarías pagando 400€ de máis polo mesmo aloxamento.

    Outras webs que che poden ser de interese para buscar un host family:

    Hostel de longa duración

    Se decides adquirir un hostel, unha habitación individual con baño podíache costar uns 140€ por semana. A limpeza da habitación vai incluída, pero non é diaria. Unha habitación dobre pode andar sobre 180€ á semana (90€ por persoa).

    Un problema de aloxarse nun hostel é que, se desexas aforrar facendo a túa propia comida, en lugares así non é cómodo. 

    Habitación compartida en piso

    Non é nada fácil atopar unha habitación, pero se isto o que está buscando, o máis recomendable é coller un hostel a primeira semana para buscar piso compartido ou habitación. Tes que dedicarlle, polo menos, entre 6 e 8 horas ao día durante unha semana para chamar e ver todo o que poidas.

    É unha boa opción, aínda que non é moi realista para as poucas semanas que vas a quedar a facer as prácticas.

    Páxinas web nas cales busca habitación a gran parte da xente, son as seguintes:

    Á hora de buscar habitación, recoméndase paciencia: podes pasar buscando máis de dúas semanas unha habitación. O que debes facer é chamar a todos os números e evitar os correos, xa que a tasa de resposta vai ser moi baixa. Realizando chamadas, podes ir ver un piso xa no mesmo día.

    Aínda que no anuncio indique un período de, polo menos, 6 meses, podes chamar igual para velo e, posteriormente, comentarlle a situación.

    O prezo do alugueiro dunha habitación varía entre 80€ e 150€ por semana e persoa. Se compartes habitación, o prezo será máis económico.

    Páxinas web para buscar habitación compartida:

    Residencia

    Existen residencias polas que podes pagar por semana ou mes. Son bloques de edificios, pero todos da mesma residencia. Alúganse habitacións, as cales adoitan ter baño e salón e cociña compartidas. O prezo é similar a dunha casa compartida: sobre 120-140€ á semana.

    As residencias de Celtics Halls está repartidas por todas as zonas de Dublín. Por exemplo, cerca de Partnell St podes atopar un apartamentos de 4 persoas, 2 habitacións dobres e con facturas incluídas por 150€ á semana. Os apartamentos desta compañía non son apartamentos relativamente espaciosos.

     

    Webs onde podes buscar residencia:

    Nalgunhas páxinas dispós da opción de filtrar por prezo, tipo de aloxmaneto, zona, etc.

     

    Experiencia de Bruno

    «O primeiro sitio onde estiven atopeino en gsv.ie e foi un apartamento con habitacións individuais e baño compartido. Tiña nevera, forno, microondas, cociña, prancha e aspiradora. Tamén cociña e sala con sofá e televisión.

     

    O servizo de lavandería é de pago: 3€ por lavadora e 2€ por secacora. Son grandes e colle a colada de toda a semana. Internet vai incluido no prezo e dan factura. Tes a comisaría ao lado, un ximnasio e dous supermercados.

     

    A parte negativa é que está en Dublin 9. Non está mal, pero se tes mala sorte, pódense atracar ou pódeste ver envolto en problemas. Ninguén pasea pola noite porque a zona non é moi boa e hai que coller o bus para calquera cousa. Como o traballo quede para o outro lado do río, hai que madrugar bastante. Hai outros lugares no centro que non acaban de estar ben: todo é buscar en internet para informarse.

     

    Teño uns compañeiros quee están nunha casa de EazyDublin. É máis caro que a outra residencia, pero as vivendas adoitan estar por todo Dublin, de maneira que podes escoller a que máis cerca che quede. Vives con erasmus de diferentes países (non me enterei de ningunha casa con menos de cinco nacionalidades). As casas que vin non están nada mal. As cociñas están completamente equipadas: hornillos de gas, lavalouza, secadora, lavadora, mínimo unha neveira, televisión dixital de 20 a 40 canles, internet, etc. Se necesitas algo ou tes algún problema, chámalos e eles repoñen o que che rompeu. En principio, non hai problema en cambiarse de casa se che fai falta: un compañeiro veuse de Cork para Dublin sen problemas. Para coller unha residencia, piden fianza.»

     

    Continuación