Covilhã

  • Guía de Covilhã

    1. Consellos útiles

    • No caso de viaxar en coche, enche o depósito na fronteira xa que en Portugal é bastante máis caro. 
    • As rutas de Google Maps non inclúen ascensores públicos, polo que poden non ser moi fiables.
    • É recomendado andar con coidado co coche na rúa, xa que algunhas zonas son moi estreitas.

    2. Documentación

    A documentación que precisas de forma obrigatoria para desenvolverte en Covilhã é a seguinte:

    • Documento de identidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.
    • Tarxeta Sanitaria Europea (Cartão Sanitário Europeu).

    A documentación opcional sería a seguinte:

    • Tarxeta de débito/crédito: poderás retirar cartos nos bancos e pagar nas tendas sen comisión.
    • Carta verde do seguro do coche, no caso de que o levemos.
    • Carné xove (Cartão Jovem): terás descontos en transporte, lugares a visitar e museos.

    3. Aloxamento

    O ideal para obter unha residencia é buscar en páxinas como milanuncios, idealistaAirbnb ou Erasmusu.

    É posible atopar habitacións baratas no UBI Hostel, a poucos minutos do Mercado Municipal e da UBI (University of Beira Interior).

    Outra opción temporal poder ser o Abrigo da Estrela, tamén no centro da cidade.

    Para alugar casa, con tempo, podese contactar ca empresa Casas Covilha, a cal ten unha seleccion de casas bastante cerca da loja.

    4. Cultura

    Entre o 28 e 30 de xuño hai un mercado encantado nunha aldea na montaña de Covilhã. Xúntanse todos os que viven nesa aldea e os mercaderes instalan os seus postos, ademais hai casas embruxadas. É un especátulo de terror nunha fábrica abandonada. Trátase dun paseo cun guía que che conta unha historia e actores asustándoche polo camiño.

    No mes de debembro hai actividades de nadal na praza do concello.

    Hai unha subida á serra que se chama Rampa da Serra da Estrela a última fin de semana de maio, na cal corren pilotos importantes. Pechan as estradas moi cedo e queda o paso cortado á Serra ata a tarde. Recoméndase ir cedo.

    Ás veces a Universidade da Beira organiza eventos.

    5. Deporte

    Existen algúns xinmasios na cidade. Normalmente son caros aínda que se ofertan descontos a Erasmus

    Covilhã dispón de piscina climatizada e unha praia-piscina de 1800 metros cadrados. Ademais, ao ser unha cidade de montaña, pódese desfrutar de deportes típicos de montaña como a escalada de montaña ou sendeirismo pola Serra da Estrela. Hai unha pista de esquí no alto da Serra á que se chega en media hora en coche.

    Hai un circuito de karts bastante barato onde podes pasar unha boa tarde.

    6. Turismo

    Son varios os lugares que podemos visitar en Covilhã, onde cada un ten as súas particulares belezas. Os lugares máis interesantes a visitar son:

    • Museu da Arte Sacra: conta cunha improtante colección que retrata moi ben o que é a relixión. 
    • Museu de Lanifícios - Real Fábrica Veiga.
    • Museu do Queixo.
    • Artbarô: lugar que non conseguimos visitar, pero que recomendamos.
    • Terminal Rodaviário da Covilhã: para viaxar a algún lado en autobús.
    • WoolFest: é un festiva de arte urbana de Covilhã. Moi recomendado pasear polas rúas para ver esas marabillas. Ver a galería 1 e a galería 2.
    • Serra da Estrela: é interesante visitar a Serra da Estrela polo lado de Covilhã, sobre todo a Senhora da Boa Estrela.
    • Recomendo preguntar a xente do traballo, donde é o Pozo Amarelo, que é un rio bastante bo para pasar os fins de semana de calor.

    Wool-1000x400.jpg

    By:Cristian Sóñora Sánchez

     

    A uns 20 minutos en coche está Belmonte, onde recomendamos visitar o castelo e o museo de judería. No primeiro sitio que se visita dan un bono para poder visitar os outros centros culturais.

      7. Gastronomía

      Algúns lugares para desfrutar da gastronomía de Covilhã son:

      • O restaurante Francesinhas & Companhia.
      • A Taberna da Laranjinha na Rúa Primeiro de Dezembro. De menú teñen bacallau, ensalada de perdiz, carne de cordeiro, ovos revoltos ou sopa.
      • Tasca 77 na Rúa Primeiro de Dezembro. As racións son moi abundantes e moi ricas.
      • Pastelaría Letimel: un bo lugar para almorzar e xantar a un prezo moi accesible.
      • Jardim do Lago.
      • Restaurante O Serrano.
      • Restaurante Montiel.
      • Restaurante Serra Nevada, bifana tradicional con mahonesa e
        mostaza.
      • Hamburgueseria Beira, hamburguesas moi ricas.
      • Bar Os Leões, é un bar de estudantes universitarios, económico.
      • Cerca do centro civico, que é donde se atopan as tendas, temos varias cafeterias como a Estrela Nevada, donde tes bolleria e bocadillos a levar, eu recomendo a bifanha tradicional, que é un bocadillo de carne moi bo e só custa 3 euros.
      • Restaurante buffet chinés onde podes desfrutar das vistas, ten unha terraza moi boa.
      • Hai un servizo de reparto de comida/obxectos de tenda, que é como Glovo, chamado  Thexicos, que reparte casi todo o que poidas necesitar, e perto en Tortosendo.

      8. Comercio

      Covilhã é unha cidade non moi grande, pero ten varios centros comerciais e moitas tendas ao longo de toda a cidade. Non che faltará de nada.

      Mencionar o supermercado Rei dos preços, bastante céntrilo e con bos prezos.

      Un dos mellores sitios para comprar electrónica, tanto de primeira man como de segunda man é unha tenda chamada ClickMed. Tamén teñen servizo de reparacións.

      En Covilhã dispós tamén do Mercado da Praça, onde se vende froita fesca e diversos produtos.

      9. Sistema sanitario

      A Tarxeta Sanitaria Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suiza.

      Se precisas dunha consulta será necesario incribirse previamente no centro de saúde. Para iso, a empresa debe proporciona un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia temporal en Covilhã. 

      No caso de ter unha emerxencia, podes ir un hospital e pagar 20€. A consulta noc entro de saúde ten un coste de 5€ e radiografía ou ecografía costa 3€.

      En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de España porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.

       

      10. Telefonía

      Agora non é preciso comprar teléfono portugués porque xa se eliminou o roaming en Europa, aínda que débense consultar as condicións coa compañía.

      Para dispoñer de máis conexión de datos, recomendamos comprar unha tarxeta prepago en Portugal. Por exemplo en Vodafone, MEO ou NOS.

      No caso de estar interesado, hai tarxetas SIM pregapo nas seguintes compañías:

       

      11. Transporte

      Covilhã é pequeno e pódese chegar andando a moitos lugares.

      Existe a posibilidade de alquilar bici.

      Para desprazamentos máis longos temos a opción do autobús e do coche.