Guía de Viana do Castelo
Autores e autoras: Ander Martinez, Miguel González, Mar Cortés, Román Arufe, Pedro Muíño, Adrián Ríos.
1. Consellos útiles
- Levar calzado de deporte, pois é posible recorrer toda a cidade a pé en pouco tempo e visitar varios sitios.
- Non facerlle moito caso aos mapas, xa que a cidade está a ser remodelada e ten moitos atallos por todos os sitios.
2. Documentación
A documentación que precisas de forma obrigatoria para desenvolverte en Viana do Castelo é a seguinte:
- Documento de identidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.
- Tarxeta Sanitaria Europea (Cartão Sanitário Europeu).
- Certificado de residencia (certificado de morada): (passado pela junta de freguesia) para inscrever-se no centro de saúde, emitido pela empresa
A documentación opcional sería a seguinte:
- Tarxeta de débito/crédito: poderás retirar cartos nos bancos e pagar nas tendas sen comisión.
- Carta verde do seguro do coche, no caso de que o levemos.
- Carné xove (Cartão Jovem): terás descontos en transporte, lugares a visitar e museos.
3. Aloxamento
O ideal para obter aloxamento de Viana do Castelo é buscar en webs como Airbnb, Erasmusu ou Bquarto.
Tamén temos que ter en conta a forma na cal se busca un aloxamento:
- Se queremos un estudio, temos que buscar un T0.
- Se queremos un apartamento, temos que buscar un T1.
O máis recomendable á hora de buscar aloxamento é buscar piso canto antes, aínda que non se teña o destino completamente confirmado. Búscanse catro ou cinco opcións e falar cos donos para reservar a habitación. Non adoitan cobrar un adianto e afórrase moito esforzo ao non ter que buscar na última hora e quedar cun mal piso. Tamén é recomendable ir só cando se vaia buscar piso, xa que se volve máis fácil atopar un.
Unha boa zona para aloxarse en Viana do Castelo é Darque. É unha zona residencial ao sur do río Lima, a uns cinco minutos de Viana en coche. É un lugar moi tranquilo con supermercados e restaurantes a menos de 500 metros. Tamén dispón de autobuses a Viana de ida e volta con moita frecuencia, sendo máis barato que aloxarse no propio centro.
4. Cultura
Aínda que están constantemente realizando actividades na cidade e é aconsellable investigar cales son, hai dous eventos culturais interesantes aos cales asistir:
- Feira mediavel: celébrase en xuño.
- Feira das flores: realízase a finais de maio.
5. Deporte
Hai varios ximnasios na cidade, pero un dos mellores é o Fitness Up. Dispón de boas vistas e bos prezos.
6. Turismo
Son varios os lugares que podemos visitar en Viana do Castelo, onde cada un ten as súas particulares belezas. Os lugares máis interesantes a visitar son:
- O porto que está polo centro.
- A igrexa de Santa Luzia. Pódese subir en teleférico.
- O barco enfermeria Gin Eannes.
- A biblioteca municipal.
- A praia de Darque: pódese ir nunha lanchiña que funciona como autobus.
7. Comercio
Vianna do Castelo conta coa Estaçao Viana Shopping, centro comercial que pon á disposición multitude de tendas onde se pode atopar case de todo. Tamén hai Lidel, Froiz e algúns Continenes.
8. Sistema sanitario
A Tarxeta Sanitaria Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suiza.
Se precisas dunha consulta será necesario incribirse previamente no centro de saúde. Para iso, a empresa debe proporciona un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia temporal en Viana do Castelo.
No caso de ter unha emerxencia, podes ir un hospital e pagar 20€. A consulta noc entro de saúde ten un coste de 5€ e radiografía ou ecografía costa 3€.
En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de España porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.
9. Transporte
En Viana do Castelo hai autobuses urbanos, aínda que non son moi necesarios. No Vianna Shopping hai unha estación de buses e de tren, a cal dá acceso a practicamente calquera lugar de Portugal. Dispoñendo de DNI (de calquera nacionalidade) e sendo menor de 25 anos aplícanse grandes descontos.