Guía de Turín
Autor (IES San Clemente): Alejandro Buján.
1. Galicia - Turín
Hai a posibilidade de viaxar en avión ao Aeroporto de Turín (TRN) desde Madrid mediante a compañía Iberia, co cal, desde Santiago de Compostela habería que facer un voo previo, ou ir en tren no traxecto Santiago-Madrid.
A alternativa é un voo directo desde o Aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ) ata o Aeroporto de Milán-Bérgamo (BGY) mediante a compañía Ryanair. Estes voos soen ser máis baratos e dende o aeroporto ata Turín hai 40 minutos en bus ata Milán e 1 hora posterior en tren de alta velocidade.
2. Aloxamento
O aloxamento en Italia é moi caro. Unha boa opción é o Attic Hostel Torino, un hostel céntrico, moi limpo, moi tranquilo e moi seguro. Ademais, dominan perfectamente moitos idiomas. A noite soe rondar os 25€.
3. Turismo
Algúns lugares aconsellables para visitar son:
- Mole Antonelliana: é so símbolo da cidade. Conta cun Museo do Cine e unha cúpula con vistas a Turín.
- Museo Egizio: é o segundo museo exipcio máis importante do mundo despois do de O Cairo.
- Piazza Castello: é a plaza principal da cidade. Aquí están situados o Palacio Real e o Palazzo Madama.
- Juventus Stadium: é o estadio de fútbol da Juventus de Turín. Pódese visitar o seu museo e hai tours guiados polo estadio. Os tours esgótanse con facilidade, polo que é recomendable ir pola mañá cedo.
4. Comercio
Para mercar, a área máis recomendable é Via Roma e arredores, onde poderás atopar as principais tendas de marcas coñecidas.
Hai tamén centros comerciais como Parco Dora ou Area12.
5. Transporte
Para o transporte dentro de Turín, hai que mercar un tíquet da GTT en estancos antes de subir ao transporte público. É moi importante facelo antes de subir, xa que non se pode pagar dentro. Non está moi anunciado e se subes ao transporte sen el estás en risco dunha gran multa. Este tíquet dura 100 minutos desde o seu primeiro uso e pódelo usar durante ese tempo nos traxectos que precises para subir en buses, tranvías ou no metro (neste último caso, só poderás facer unha viaxe).
Para saír de Turín, o máis recomendable é ir en tren. As dúas compañías máis importantes son Trenitalia (pública) e Italo (privada). A primeira traballa con trens convencionais e a segunda con trens de alta velocidade. Personalmente recomendo Italo xa que é moi cómodo, ten WiFi e é moi rápido. Trenitalia tamén ten unha flota de trens de alta velocidade chamada Frecciarossa. As estacións importantes de Turín para traxectos en tren son Porta Susa e Porta Nuova.