A documentación que precisas de forma obrigatoria para desenvolverte en Lisboa é a seguinte:
- Documento de identidade (cartão de cidadão): DNI ou pasaporte.
- Tarxeta Sanitaria Europea.
- Certificado de residencia (certificado de morada): (passado pela junta de freguesia) para inscrever-se no centro de saúde, emitido pela empresa
A documentación opcional sería a seguinte:
- Tarxeta de débito/crédito: poderás retirar cartos nos bancos e pagar nas tendas sen comisión.
- Carné xove: terás descontos en transporte, lugares a visitar e museos.
2. Compostela - Lisboa
Para viaxar dende Santiago a Lisboa, existen varias opcións:
- A compañía ALSA proporciona autobuses con destino Lisboa sen necesidade de facer transbordo con custe duns 100€ (viaxe de ida e volta) e cunha duración de aproximada de 10h. Este autobús tamén pasa pola Coruña e Vigo.
- A compañía de autobuses FlixBus oferta billetes directos Santiago-Lisboa moi baratos.
- Existe a posibilidade de realizar a viaxe en avión con saída desde a Coruña e Santiago mediante a compañía TAP Portugal. Para esta opción é aconsellable reservar os billetes con antelación de cara a conseguir mellores prezos. A duración da viaxe é de aproximadamente unha hora e media.
- Tamén é posible viaxar en tren facendo transbordo en Vigo e no Porto, correndo o risco de perder algún enlace.
3. Sistema sanitario
A Tarxeta Sanitaria Europea asegura a prestación de coidados de saúde no territorio europeo cando o beneficiario ou beneficiaria se aloxan temporalmente nun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suiza.
Se precisas dunha consulta será necesario incribirse previamente no centro de saúde. Para iso, a empresa debe proporciona un certificado (certificado de morada) no cal conste cal é a residencia temporal en Lisboa.
No caso de ter unha emerxencia, podes ir un hospital e pagar 20€. A consulta noc entro de saúde ten un coste de 5€ e radiografía ou ecografía costa 3€.
En relación aos medicamentos, o mellor é levalos de España porque nas farmacias portuguesas non coinciden as marcas.
4. Aloxamento
Pensións
Para os primeiros días recoméndase unha pensión mentres non se atopa unha habitación nun apartamento. Algunhas pesións ofrecen prezos máis reducidos se a duración da estancia é de longa duración.
Un hostal barato e céntrico é Metro Hostel Lisboa.
Un Airbnb para estancias curtas: cuarto con dúas camas, para dúas semanas
Habitacións
As casas son vellas e o habitual é compartir piso con máis persoas. O prezo dunha habitación pode superar os 200€.
Algunhas páxinas para a busca de habitacións son:
Apartamentos
Algunas empresas para a busca de apartamentos son:
Residencias para estudantes
Outras páxinas recomendables son:
5. Transporte público
Existen diferentes posibilidades para moverse por Lisboa. A continuación, preséntanse as diferentes opcións:
- Metro (Metro Lisboa): é o transporte máis rápido de Lisboa. O tempo de espera é baixo: habitualmente entre 2 e 5 minutos e é o medio de transporte que circula con más frecuencia na cidade. Na súa web oficial podes ver o mapa completo das paradas.
- Autobus e tranvía (CARRIS): emprégase normalmente cando o destino está lonxe dunha parada de metro ou tren. Os horarios pódense consultar na súa web.
- Barco (TTSL): utilízase para atravesar a beira sur de Lisboa ata a beira norte, onde normalmente se atopan os traballos.
- Tren (Comboios de Portugal): é o medio de transporte máis empregado polas persoas que non viven no centro de Lisboa.
Se te vas a desprazar con frecuencia, tes a posibilidade de comprar un
bono de transporte, o cal ten un coste de aproximadamente 35€ ao mes.
6. Telefonía móbil
Agora non é preciso comprar teléfono portugués porque xa se eliminou o roaming en Europa, aínda que débense consultar as condicións coa compañía.
No caso de estar interesado, hai tarxetas SIM pregapo nas seguintes compañías:
- WTF: está moi ben de prezo e dan bo servizo.
- Moche: adoita ofertar tarifas baratas para estudantes menores de 25. Se es estranxeiro é complicado obter unha tarifa dese tipo.
- MEO
- NOS
7. Lisboa: a cidade
Lisboa, coñecida como a cidade das "7 colinas", é unha cidade con encanto e cosmopolita.
Lisboa é coñecida por ter lugares moi emblemáticos como a Baixa, característica polas súas rúas estreitas e pararelas. É o mellor lugar para comprar porque as tendas están préto das outras e é fácil atopar o que se busca. Baixa atópase ao lado do río e é o mellor lugar para as persoas que lles gusta ver o río ou son amantes da fotografía de paisaxes.
Belém ten varias paisaxes interesante e con moitos pescadores. Para aquelas persoas que lles gusta ver e descubrir as paisaxes de Lisboa é un dos mellores lugares para visitar.
Hai moitas actividades durante todo o ano para promover o turismo na cidade. Por exemplo, Clássicos na Rua, onde a Orquestra Metropolitana de Lisboa propón un repertorio variado no cal os sons interpredaos van dende Irlanda a Brasil. Cinco concertos que ofrecen un conxunto de ritmos onde a percusión é o instrumento central, mesturándose nalgúns casos coa electrónica e dando a coñecer un lado máis contemporáneo e minimalista.
Son varios os lugares que podemos visitar en Lisboa, cada un coa súa beleza particular. Os lugares máis interesantes para visitar son:
- O Jardim Zoológico: este lugar é onde podemos encontrar os máis diversos tipos de animais. O coste da entrada é de 17.50€. É accesible: podemos chegar en autobus ou metro (liña azul, parada de Sete Rios).
- O Oceanário: outro lugar onde podemos atopar animais, pero neste caso acuáticos. O coste da entrada é de 13€. Tamén é de fácil acceso: podemos chegar en autobus (nº 720 e nº 728) ou no metro (liña vermella, parada Cabo Ruivo).
- O elevador Santa Justa: é un lugar magnífico para apreciar a beleza da paisaxe de Lisboa. É de fácil acceso: podes achegarte en bus (nº 736 e nº760) ou en metro (liña verde, parada Baixa/Chiado).
- A Expo: é un gran lugar para pasear pola beira do río Tajo. É de fácil acceso xa que se pode chegar en bus (nº 736) ou metro (liña vermella, parada Oriente).
- Jardim Botánico de Lisboa: é un xardín científico que foi deseñado a mediados do século XIX para complementar a ensinanza e a investigación modenaen botánica na Escola Politécnica.
- Palacio das Necessidades: é un antigo convento ubicado na parroquia de Estrela. Ten un xardín moi agradable para pasear.
- Labirinto Lisboa: é unha atracción de terror. Está aberta cinco días á semana. Ubicada no centro da cidade, ao lado do Cais do Sodré e o Mercado da Ribeira.
- Scapers: é unha atracción onde o obxectivo é saír dunha habitación resolvendo acertixos empregando o inxenio. Unha porta péchase e recibes unha misión durante 60 minutos para escapar. Atópase en Marquês de Pombal e só se pode ir con reserva previa.
- Bairro Alto: lugar onde se concentra toda a festa en Lisboa. Hai moitos bares e pubs.
- Castelo de São Jorge.
- Praça do Comércio.
- Mirador dos Restauradores.
- Benfica.
Con todos este lugares magníficos, xa podes dar uns bos paseos por Lisboa. Se te queres alonxar da cidade, podes visitar estes lugares:
- Sintra: ten moitos lugares para visitar. Por exemplo: A Quinta da Regaleira ou o Palácio da Pena. A entrada o palacio é moi cara. Vale máis a pena ir a pé e ver só a zona, a cal é moi bonita.
- Cascais: ten unha praia moi bela e un lugar chamado Boca do Inferno, un acantilado que ten excelentes vistas cara o Atlántico.
- Cristo Rei: ten unha das mellores vistas de toda Lisboa.
- Praia de Troia: 300 quilómetros de praia de augas cristalinas e na cal non hai ninguén.
- Costa da Caparica: está en Almada e é moi coñecida polas súas praias, como a Nova Praia ou a Praia de São João.
8. Actividades
Por medio do INETE realízanse visitas culturais e clases de portugués preparatorias para o exame B1.
Algúns lugares visitados pola escola son:
- Castelo de São Jorge.
- Lisbon Story Center.
- Fundação Gulbenkian.
- Almada.
- Benfica.
- Jerónimos.
- Belém.
- Chiado.
- Sintra.
9. Festivos
Os días festivos en Lisboa desde marzo a xuño son:
- 25 de abril: revolução de 1974.
- 1 de maio: o día do traballador.
- 26 de maio: Corpo de Deus.
- 10 de xuño: día de Portugal.
- 13 de xuño: feriado de Lisboa (Santo António).
10. Deporte
Existen moito ximnasios na cidade. Normalmente son caros aínda que se ofertan descontos a Erasmus. A tarifa mensual media é de aproximadamente 40 euros. Podes ver un exemplo no Ginásio Clube Português.
Hai moitos aficionados ao fútbol. Os dous equipos máis importante son Sport Lisboa Benfica e Sporting de Lisboa.
11. Comercio
Como toda gran cidade cosmopolita e moderna, dispón de multitude de tendas e moi variadas: desde grandes centros comerciais como os de Vasco da Gama ou o do Centro Colombo ata pequenas tendas típicas como tendas de artesanía, tendas de sombreiros, tendas de arte portugués, tendas de conservas tradicionais, etc.
O visitante desta gran cidade non lle vai a faltar de nada e deixarase seducir pola súa grande oferta e variedade.
Un dos mellores sitios para comprar antigüidades típicas portugesas é na zona antiga de Lisboa como a Baixa do Chiado.
En Lisboa podemos atopar diversos centros comerciais como o Centro Comercial Colombo (CCC), un lugar magnífico para visitar se che gusta ir de compras. É o centro comercial máis grande de Lisboa e é de fácil acceso, pois hai varias liñas de autobuses que pasan por alí e metro (liña azul, parada Colégio militar/Luz).
O Vasco da Gama é un centro comercial que está na Expo, ao pé do río Tejo. É moi bonito e agradable. Este tamén é de fácil acceso pois ten acceso en tren (parada Oriente), bus ou metro (liña vermella, parada Oriente).
O Dolce Vita Tejo é un dos centros comerciais máis espazosos e calmos. Atópase na Amadora. Ten moitas tendas e é de difícil acceso xa que non hai moitas liñas de bus que cheguen a el.
A Feira da Ladra é unha feira popular de obxectos usados. Con raíces que se remontan ao século XIII, esta feira foi dun sitio a outro ata que se asentou no Campo de Santa Clara, na parroquia de São Vicente de Fora. Destinada principalmente á venta de artigos antigos, obxectos de segunda man e artesanía. Esta feira faise semanalmente os martes e sábados desde a mañá ata a tarde.
A Feira do Relógio é unha feira popular onde os produtos máis común son os alimentarios. Se andas en busca de froitea fresca, comprar roupa ou calquera outra cousa para a cara, nesta feira pódela atopar. Realízase en dous lados, polo que é bo empezar por un e volver por outro. Atópase a uns 500 metros da saída de metro de Bela Vista e ten unha lonxitude de 2 quilómetros. Esta feira pode ser visitada todos os domingos de 7h a 14h.
12. Gastronomía
Recomendamos aos futuros estudantes que visiten Lisboa, que non dubiden en disfrutar da súa gastronomía. Sorprende gratamente o ben que se come e a prezos asequibles. Aconsellamos visitar os restaurantes O Chiado e O Principe do Calhariz, próximos á zona Baixa-Chiado.
13. Ocio
Algúns lugares para o ocio son:
- Hard Rock Lisboa: para os amantes do Rock, sen dúbida é o mellor lugar para xantar ou tomar cócteles mentres escoitas a túa música favorita.
- Starbucks: para quen non o coñece, Starbucks é unha especie de cafetería onde se serven os cafés de múltiples formas. Sen dúbida, é unha experiencia a probar algunha vez.
- Fado: no barrio da Alfama e no Chiado hai locais moi bos e caros.
- 1UP Gaming Lounge: se che gustan os videoxogos este é o teu lugar. É o primeiro bar temático de videoxogos en Portugal. Aquí podes comprar e vender os teus xogos e adquirir merchandising aos mellores prezos, como tamén xogar, socializar e crear novas amizades con verdadeiros gamers.
- Pinkstreet: ambiente multicultural con varios locais, entre eles o Erasmus Bar.
En canto ao ocio nocturno, unha das áreas de vida nocturna é o Bairro Alto, lugar onde comeza a noite en Lisboa. Ten moitos restaurantes e bares para cear e tomar algo despois. Hai moitos estudantes de Erasmus nesta zona.
Os bares pechan arredor das 3 da mañá e a xente vai para o Cais do Sodré, unha zona de moitos pubs e discotecas, as cales abren ata as 4. Despois, no caso de querer continuar coa noite, pódese optar por ir a unha discoteca grande como Lux ou Kapital. As entradas poden valer arredor dos 15€.