Carlos Casares - Biography

  • Datos extraídos da páxina da Fundación Carlos Casares http://fundacioncarloscasares.org/biografia/ 13/2/2017.

    O Carlos Casares é un escritor. E este ano 2017 está a ser homenaxeado no día das letras galegas[1]. Se coñeciades todo isto xa sabiades tanto coma min do asunto. Ou un pouco máis.

    Agora xa sei. Non escribiu teatro nin poesía, senón que  foi xornalista e narrador. Cultivou o ensaio, o artigo periodístico, o conto e a novela. E ante todo foi un inconformista, dos que cando as cousas non lle gustan prefire traballar por cambialas que limitarse a falar delas.

    Nado en Ourense en 1941, viviu en Galicia ata o seu pasamento no ano 2002, e a súa profesión levouno polo mundo (a antiga URSS no 1983, Alemaña en 1995, Cuba en 1997, os EEUU no 1998, por non falar da súa participación no Expreso da Literatura Europea no 2000). Desenvolveu cargos públicos ou de relevancia social en Galicia (membro da RAG dende 1977, deputado do Parlamento de Galicia do 1982 ao 1985, director xeral da Editorial Galaxia dende 1985 e un longo etcétera).

    Antes, foi perseguido polas súas ideas políticas (non de fuxir do país, si de perder o traballo). Logo xa viñeron os premios e o recoñecemento. Tivo amizade con outros escritores galegos (Vicente Risco ou Ramón Piñeiro son algúns dos nomes máis coñecidos). Entre as súas obras máis coñecidas están Xoguetes para un tempo perdido, Ilustrísima, e o póstumo O sol do verán.

     


    [1] O día das letras galegas é a data en que cada ano se rende homenaxe póstumo a unha figura sobranceira da literatura galega. Esta costume comezou no ano 1963 con motivo do centenario da publicación de Cantares gallegos, obra de Rosalía de Castro (primeira autora á que se dedicou este día, 17 de maio por certo).

     

    • Follow this link if you want to know something about Carlos Casares

    https://quadernodisaramago.wordpress.com/2009/06/05/carlos-casares/    in Italian

    https://en.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares_Mouri%C3%B1o  in English

    https://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares_Mouri%C3%B1o     in Spanish

    http://fundacioncarloscasares.org/biografia/ in Galician