Biography

  • Manuel María Fernández Teixeiro was born in Outeiro de Rei the 6 of October 1929. In 1942 he moved to Lugo to study in a high school. It was in this city where he began his premature literary career taking part, when he was 20 years old, in a conference called “Jóvenes valores lucenses”. This first conference was useful to him to begin his contacts with the components of the social gathering of Méndez Núñez coffee (Pimentel, Fole, Rof Codina…). This group made him to contact with the Galician reality, the interior as well as in the exile. In 1950 he published his first book of poems “Muiñeiro de brétemas”, with which “Escola da Tebra” is begun.

      In 1958 he moved to Monforte to work as an attorney and in the following year he got married with Saleta Goi. In the turbulent 60s and 70s, Manuel María took part in secrecy in the political reorganization of the national parties. He also collaborated with many other organizations, that worked for the cultural recovery, giving conferences and reading aloud poems. His literary work is varied: essay, narrative, drama, poetry, etc. From the existentialism and his original pessimism he evolved to a poetry committed with the human being, with his people, his social reality, and definitely, with his nation.

      His political activities ended with his election as councillor in 1979. These are hard years, and he was very active with his participation in campaigns in defense of the language. In 1985 he gave up his political militancy to work full time in his literary and cultural activity.

      It is not easy to summarize the work of this notable poet, well known in the second half of the XX century, for his great register, his proposals and his theme: intimism, landscape, critical or satirical social realism, religious fear, linguistic vindication, etc. and the national construction as the connector of everything.

      Manuel María passed away in A Coruña the 8 of September 2004

      Here is a link to all of his works.

      In this other link you will find other resources like videos, audio and exhibitions, among others.

     

     

     

    --------------------

     


     

    Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra".

      En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo.

      A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural.

      Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío condutor de todo este mundo poético, a construción da patria.

      Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004.

      Aquí hai unha ligazón aos seus traballos.

      Nesta outra ligazón podedes atopar outros recursos como vídeos, audio and exposicións, entre outros.

     

    http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor200