AVALIACIÓN

  •  

    AVALIACIÓN DO PROXECTO:

     

    Para a avaliación deste proxecto, centrámonos en dous aspectos:

    • Autoavaliación.

    • Avaliación feita polo alumando participante.

     

    1. Autoavaliación.

    Para avaliar o cumplimento dos obxectivos propostos, elaboramos un cuestionario con Google Forms.

    https://docs.google.com/forms/d/1hHfOWyKb9fMI8GaVeOrwJxMrxTNw6vvjt61k8IlPmuI/edit?usp=sharing

     

    2. Avaliación feita polo alumnado participante.

    Debido as cortas idades do alumnado participante (7, 8, 9 anos), consideramos que a mellor forma de que eles avaliaran o proexecto e a súa participación no mesmo, era empregar a avaliación figuroanalóxica.

    Esta avaliación que se emprega habitualmente nas sesións que facemos de Filosofía para nenos e nenas, permite que eles sexan os axentes avaliadores dunha forma reflexiva e lúdica que facilita que sexan conscientes do seu propio proceso de aprendizaxe.

    Formulamos os aspectos a avaliar en relación aos obxectivos do proxecto. Proxectamos as imaxes na pantalla dixital, facemos a pregunta e  teñen que sinalar a imaxe que máis se corresponda coa súa resposta e explicar o porqué da súa elección.