O MEU, O TEU, O NOSO - MIÑO/PORTOALEGRE MATTERS
O MEU, O TEU, O NOSO comeza a súa andaina como un ambicioso proxecto de intercambio cultural, etnográfico, cultural, patriomonial, gastronómico, artístico así como, de coñecemento e coidado do entorno natural e o patrimonio inmaterial da nosa contorna, co gallo de por en valor a nosa riqueza a través das intelixencias múltiples.
En todo momento, teremos en conta á hora de traballar aspectos culturais e linguísiticos pero tamén tecnolóxicos que favorecerán o intercambio cos nosos compañeiros e compañeiras de proxecto.
O proxecto desenvolverase no periodo entre o 1 de decembro e 2021 ata o 30 de marzo de 2022 a través de distintos tipos de actividades relativas a:
- Bens culturais/patrimoniais: igrexas, cruceiros, muíños de vento e reloxos de sol...
- Gastronomía: Receitas típicas de doces de Entroido: As filloas e orellas de Entroido.
- Xogos tradicionais: O Peón e os bailaretes.
- Ditos populares galegos “Dedín dedín”/"Chirlo Merlo".
- Entorno natural. Praias e Marismas de Miño, que son RESERVA DA BIOSFERA pertencente ás Terras do Mandeo.
DECEMBRO:
- Presentación do participantes a modo de introducción do proxecto, a través de xogos lingüísticos e adiviñas, utilizando o galego e a lingua inglesa como linguas das actividades, nas que os nenos e nenas dos nosos centros comezarán a tomar contacto.
- Polo Nadal, levaremos a cabo dúas actividades que se complementan entre si, Panxoliñas/ Christmas Carols e un Intercambio de postais de Nadal que elaborarán os nenos e nenas nas súas clases.
A Panxoliña será un tipo de canción de Nadal, que tamén se canta en Portugal, para que o noso alumnado tome conciencia das similitudes das nosas culturas. "Cantos de Xaneira". Filmaremos un vídeo coa panxoliña para enviar a Portugal.
Ao mesmo tempo, na clases elaboraranse postais de Nadal con distintas técnicas de traballo manual, escritas en galego e inglés para enviar a Portalegre.
XANEIRO:
Levaremos a cabo o deseño da mascota do proxecto “MARIÑA CAMIÑA”, que será a que leve e traia os retos propostos para cada centro educativo. Os debuxos serán elaborados polos nenos e nenas e deles, e mediante votación, saíra o gañador que será a protagonista do noso reto.
FEBREIRO:
En febreiro e co gallo do Entroido, proporase a fillmación dun vídeo no que se ensine como se cociñan os doces típicos do Entroido Galego: as filloas /freixós e a orellas.
Os xogos tradicionais son moi importantes na nosa cultura. O Peón/Trompo e os bailaretes son o xoguete por excelencia dos nosos avós e avoas, non só en Galicia senón tamén en Portugal. Filmaremos un vídeo ensinando a xogar ao peón, coas intruccións en galego, para que os nosos compeñeiros aprendan tamén as partes do peón en galego.
MARZO:
Outro actividade para fomentar o noso patrimonio inmaterial será o de aprender un xogo de dedos acompañado de canción, moi típico de Galicia, e que ten moitas variantes dependo da zona xeográfica que nos atopemos. Crese que é parte dun romance que perviviu desde tempo inmemoriais: "Dedín, dedín" ou "Chirlo Merlo". Así faremos unha gravación dun vídeo para animar a aprendelo.
Unha curiosidade que temos no noso Concello de Miño son os Reloxos de Sol da Igrexa de San Xoán de Callobre. Levaremos a cabo unha manualidade para facer un reloxo de Sol na aula e propoñer aos nosos compañeiros a fabricación doutro.
E para rematar o noso Proxecto Miño Matters, camiñaremos unha etapa do Camiño de Santiago, simultánea e virtualmente. En Portugal farán unha parte do Camiño da Plata e nós, en Miño, outra parte do Camino Inglés, utilizando plataformas de videoconferencia para participar da actividade en directo, se fose posible.