Project difusion

  • A  continuación tedes as vías de difusión que empregamos para espallar e partillar o noso proxecto.

     

    1.DIFUSIÓN NO CENTRO EDUCATIVO.

    Informouse no Claustro polo que consta na acta oficial. Tamén consta nos seguintes documentos:

    - Plan de dinamización da lingua galega. 

    - Plan de actividades complementarias e extraescolares. 

    - Revista Escolar D-Todo.

     

    2. PÁXINA WEB DO CENTRO.

    A páxina web do centro é a ferramenta principal que temos para compartir as novas coas familias e coa comunidade educativa. Podemos dicir que colexio forma parte do corazón da vila, así que o Concello e veciños e veciñas de Miño, siguen as nosas andainas. De seguido poderedes ver algunhas das novas colgadas na web.

    • O proxecto "O meu, o teu o noso" comezou con moita ilusión. Publicamos na web do centro a boa nova e puxémonos mans a obra.

     

    •  Eleximos o logo de Mariña Camiña, que é a nena que viaxará entre os centros para propoñernos os retos e para aprender os aspectos  de patrimonio.  Aquí o enlace a nova publicada na web.

    http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1449

    http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1450

    • Andaina Simultánea polo Camiño de Santiago por parte do CPI Castro Baxoi e das escolas José Regio de Portalegre. Fixemos dúas videochamadas en directo para falar e vero as paisaxes.

    http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1458

     

    3.  EVENTO E-TWINNING.

    O día 25 de abril de 2022 de 16.30 a 18 horas tivo lugar  un evento eTwinning no que se difundiron once proxectos galegos que se estana desenvolver dentro do Plan Proxecta na  modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

    O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

    Durante este evento, puidemos contar e explicar o noso proxecto. Aquí tedes algunhas fotos do evento.

     

     

     

     

    4. BLOGUES  DAS MESTRAS PARTICIPANTES NO PROXECTO.

     

    Todas as actividades realizadas neste proxecto, foron difundidas nos nosos blogues persoais.

    Cabe destacar que TODO o alumnado participante ten firmado por parte dos seus titores legais, un permiso específico para a utilización da imaxe nas redes para este Proxecto e - Twinning "O teu, o meu o noso".

     

    • Blogue da Teacher Eva onde difunde o seu traballo da materia de lingua inglesa.

    https://teacherevabaxoi.blogspot.com/2022/05/padlet-etwinning-proxecto-mino-matters.html

    • Blogue do departamento de dinamización da lingua galega onde difundimos o patrimonio material e inmaterial do Concello de Miño.

    https://poeminospolasletras.blogspot.com/

     

    • Blogue da clase de 4ºA.

    https://cuartobaxoibloguea.blogspot.com/

     

    • Instagram da mestra titora de 2ºA.

    https://www.instagram.com/mestrazeltia/

     

    • Padlet colaborativo do Proxecto:

    https://padlet.com/ERASMUS_REGIO/Castro_Baxoi_AEJRPortalegre

     

    • Aulas virtuais das aulas participantes. 

    https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/aulavirtual/course/view.php?id=297#section-6

    A continuación tedes todas as actividades que foron obxecto de difusión polos medios anteriormente mencionados.

     

    • ACTIVIDADES DE DECEMBRO:

    Intercambio de postais:

    Intercambio de panxoliñas:

     

    Aprendemos a cantar en Portugués.

     

    Aprendemos un xogo de dedos cunha canción tradicional galega. 

     

    • ACTIVIDADES DE FEBREIRO.

    Creamos e eleximos o Logo da nosa Mariña Camiña.

     

    Con todos os diseños, fixemos unha votación e eleximos os finalistas.

     

     

    Por aquí un video das candidatas:

     

    E quí a Mariña Camiña Elexida!

     

    • ACTIVIDADES MARZO:

    Facemos filloas, unha receita típica Galega.

    Tocou o xogo do TROMPO, PEÓN, BUXAINA..PIAO en Portugal.

    Damos a coñecer o noso patrimonio natural, cunha saída pola "Senda dos Sentidos", un paseo pola nosa vila.