Concurso de marca-páginas

  • O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o

    10º concurso europeo de marcapáxinas

    Sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero

     

    Bases:

    1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o día 4 de maio.

    2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc, sobre a súa obra en galego. Importante: evitar o uso de bandeiras, escudos e símbolos similares.

    3. Admitiranse un traballo como máximo por cada participante.

    4. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.

    5. Medidas: 18x5 cm.

    6. Formato PNG, con resolución 300dpi.

    7. Cada cara debe gardarse co nome: NomeApelidos1.png e NomeApelidos2.png

    8. Os ficheiros deben subirse ao TwinSpace, na carpeta correspondente, e no Drive.

    9. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 € en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.