Letras galegas, é un proxecto eTwinning, que naceu como concurso de marcapáxinas e edición tras edición foise completando con outras actividades colaborativas entre varios centros europeos, difundindo deste xeito a lingua e literatura galegas.
Neste ano a figura homenaxeada é o escritor Ricardo Carvalho Calero, defensor dunha aproximación do galego ao portugués.
Tamén traballamos con outros autores de Portugal e Italia.