O día 21 de marzo tivo lugar no Ateneo de Ourense, ubicado temporalmente mo edificio Marcos Valcárcel, unha formación para novos e novas usuarios/as etwinners, a cargo de Aarón Bernárdez (@Ariberna2015) embaixador eTwinning por esta provincia.
Os temas clave eran:
1) Saber que é eTwinning e diferencias con ERASMUS. Vantaxes e procesos de alta
2) Usar o twinspace como fuponte de proxectos, formación, grupos...
3) App Adobe Conected para videoconferencias.
4) Mostrar exemplos de traballo e boas prácticas.
5) Selos de calidade en alumnado, profesorado, centros, directrices de cómo conseguilos, etc
Dada a pouca antelación coa que se publicou, mais o desinterese na cidade, etc eramos poucos pero benvidos.