Proxecto pechado
Se precisares acceder ao TwinSpace da nova edición, solicítao escribindo a embaixada@etwinning.gal
☼ ☼ ☼
Proxecto para achegar a plataforma eTwinning a profesionais do ensino e aprender as ferramentas básicas para poder utilizalas nos seus centros.
Este proxecto é utilizado por participantes en cursos de formación dos CFRs, Platega, Embaixada eTwinning Galicia, e grupos de traballo.
Durante o desenvolvemento desas actividades formativas, os participantes teñen o rol de "profesores administradores" deste TwinSpace, facendo prácticas de creación de páxinas, foros, etc.
Despois diso, os perfís son cambiados a "profesores normal" de forma que xa non poden crear páxinas e foros, pero si facer probas de publicación en foros, páxinas, subir ficheiros, etc.
Este TwinSpace tamén é utilizado para desenvolver a iniciativa Ideas de Proxectos para Pedagoxía Terapéutica. Os anteriores proxectos da Embaixada eTwinning Galicia foron Achegamento a eTwinning e Difusión eTwinning.
Se algún docente quere inscribirse no proxecto e/ou ter o rol de "profesor administrador" para realizar outro tipo de probas no TwinSpace, pode solicitalo por email a embaixada@etwinning.gal