Bookmarks tips

  • Hi everyone:

    The bookmark competition it's on its way. You could check this year regulations on the main page "Bookmark regulations", so I would go straight to the point: here are some tips that could help you to improve your bookmarks.

    1) Formal requirements are very important; please remember to check that your bookmark fulfils the following ones:

    • Digital format: BMP or PNG.
    • Resolution: 300dpi.
    • Measurements: 18,5 cm (frontside or backside)

    These requirements would be checked using the GIMP program. We would open each bookmark on this editor in order to verify the formal requirements in advance to the meeting of the jury. Any bookmark that fails on this previous stage would be discarded. Please, be aware of it!

    2) Following the previous statement, it jumps another tip: always check the bookmark you have sent! Sometimes the format varies due to the mail or the uploading features. Please notice: we only have the copy you sent to us, so it’s very important that this copy gets not misshaped by any means!

    If you send the bookmarks in advance, we would try to check them as soon as possible in order to warn you of any important thing related to these requirements.

    3) Some tips on the design:

    • We recommend you to focus the images on the author and her work.
    • Spanish or Galician national emblems (flags, national colours, national coat of arms,…) are more popular among politics than in our daily live. Probably would be a good idea to avoid them.
    • If you need extra explanations on Galician tastes, please check the winners of previous editions (you might notice some interesting or even contradictory characteristics as for the previous tips; never mind! Strike us with your creativity!)

    -Letras galegas 2011 – Lois Pereiro

    -Letras galegas 2012 – Valentín Paz Andrade

    -Letras galegas 2013 – Roberto Vidal Bolaño

    -Letra galegas 2014 – Xosé María Díaz Castro

    -Letras galegas 2015 – Rosalía de Castro

    -Letras galegas 2016 – Manuel María

    -Letras galegas 2017 – Carlos Casares

    We hope this tips help you to achieve your aims, but remember: the important thing is to take part on the contest and to enjoy doing so!

    We’re looking forward to see your contributions!

    __________________________________________________________________________________________________________

    Ola a todas e todos:

    O concurso de marcapáxinas anda xa en marcha e podedes comprobar as bases do mesmo na páxina principal “Bookmarks regulations”. Aquí van unhas poucas indicacións que agardo que vos axuden a mellorar os vosos marcapáxinas.

    1. Os requirimentos formais son moi importantes. Por favor, recordade comprobar que o voso traballo cumpre as indicacións seguintes:
    • Formato dixital: BMP or PNG.
    • Resolución: 300dpi.
    • Medidas: 18,5 cm (cara e volta)

    Estes requirimentos serán comprobados usando o programa GIMP. Abriremos cada marcapáxina no editor para así verificar que cumpren as características formais demandadas. Se non supera este paso previo, será descartado e nin sequera será xulgado durante a reunión do xurado. Por favor, tédeo en conta!

    1. Derivado do anterior, xurde un novo consello: comprobade sempre as características do marcapáxinas que tedes enviado ao concurso! Ás veces o formato sufre cambios por culpa dos sistemas de envío que empregamos (o mail, subilo ás carpetas, etc.). Tede en conta que nós só temos acceso á copia que enviades, polo que é moi importante que comprobedes que o programa empregado non reduciu, comprimiu ou cambiou de calquera outro xeito as características da imaxe!

    Se enviades con tempo os vosos marcapáxinas trataremos de comprobalos canto antes para así poder avisarvos se cumpre ou non os anteriores requirimentos.

    1. Algúns consellos de deseño:
    • Recoméndase centrarse en imaxes da autora ou dos seus traballos.
    • Os emblemas nacionais galegos e casteláns (bandeiras, cores, escudos,...) son  máis populares na política que na vida cotiá. Probablemente sexa unha boa idea evitalos.
    • Se precisades máis orientacións para aproximarvos aos gustos galegos, botádelle unha ollada aos gañadores de edicións anteriores (sempre atoparedes algo interesante, pode que incluso contraditorio con algúns dos consellos anteriores: que non vos preocupe! Sorprendédenos coa vosa creatividade!).

    -Letras galegas 2011 – Lois Pereiro

    -Letras galegas 2012 – Valentín Paz Andrade

    -Letras galegas 2013 – Roberto Vidal Bolaño

    -Letra galegas 2014 – Xosé María Díaz Castro

    -Letras galegas 2015 – Rosalía de Castro

    -Letras galegas 2016 – Manuel María

    -Letras galegas 2017 – Carlos Casares

    Agardamos que estes consellos sirvan de axuda para acadar os vosos propósitos, pero recordade: o importante é participar no concurso mentres desfrutamos facéndoo!

    Quedamos á espera das vosas contribucións!