Atención! As carpetas de documentos e moitas das páxinas deste TwinSpace son privadas por conteren información sensíbel.
Blogue: atlanticovet.blogspot.com | Difusión
Proxectos Erasmus+
Varios centros educativos europeos de Formación Profesional utilizamos o TwinSpace deste proxecto para xestionar as mobilidades dos alumnos para prácticas no estranxeiro correspondentes á convocatoria de 2019:
- IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza, España
- Instituto de Educação Técnica (INETE), Lisboa, Portugal
Impacto Coronavirus
Despois de meses de traballo organizando 22 mobilidades que ían ter lugar ó longo do primeiro semestre do 2020, finalmente só se puideron realizar 7 :
- 6 estadías de estudos en Portugal de alumnos do ciclo SMR, 2 en Lisboa, 2 en Braga e 2 en Viana.
- 1 estadía de recén titulado en Oporto (Portugal).
Planificáronse 15 estadías máis que tiveron que cancelarse por motivo da pandemia causada por Covid-19:
- 4 mobilidades de profesorado, unha delas en Dublín (Irlanda), unha en Lisboa (Portugal) e dúas en Turín (Italia).
- 5 mobilidades en Portugal para a realización da Formación en Centros de Traballo do alumnado que cursa o ciclo SMR, en Lisboa e Oporto.
- 6 mobilidades para a realización da Formación en Centros de Traballo do alumnado que cursa os ciclos superiores de ASIR, DAW e DAM, nas cidades de Birmingham (Reino Unido), Londres (Reino Unido), Lisboa (Portugal), Porto (Portugal), Göteborg (Suecia) e Dublín (Irlanda).
Estadías realizadas durante a pandemia
Solo foi posible organizar estadías no Norte de Portugal, xa que outros países receptores habituais de alumnado en prácticas como o Reino Unido ou Irlanda teñen ás empresas do sector teletraballando.
O programa Erasmus+ ofrece a posibilidade de colaborar coas empresas de forma remota, pero desde a Consellería non permiten que se realicen deste xeito as prácticas curriculares, polo que se intentará organizar este tipo de actividades extracurriculares para o verán.
En Portugal tampouco foi doado atopar empresas que puidesen recibir ao noso alumnado xa que en xaneiro do 2021 entraron en estado de alarma con confinamento obrigando ao teletraballo xeralizado. Pero afortunadamente para a data na que comezaron as prácticas, 7 de abril do 2021, as medidas xa se relaxaran.
Hai que agradecer de forma especial ás institucións portuguesas que sempre colaboran con nós, sen as cales non tería sido posible organizar algunhas das estadías, xa que axudaron activamente a atopar empresas colaboradoras e tamén recibiron ao noso alumnado.
Estas institucións son:
- Agrupamento de Escolas Carlos Amarante, en Braga.
- Instituto de Educação Técnica (INETE), en Lisboa.