Evaluation

  • Comments and impressions of the students that took part in the project (for users with account only)

     

    Evaluation made by the teachers

    Maria Sourgiadaki (1st EPAL Ierapetras)

    • Aims: The aims of the project were totally achieved.
    • Pedagogic innovation: I’m very satisfied by the way the project was designed and developed (students working as clients and providers). The content of the teaching subject was seen through a different perspective (the one of promoting it in a website).  I’m very pleased that the project was the reason why students that had a high risk of failure, were more actively engaged in the subject. 
    • Integration in the curriculum: Total. All activities were done during the lessons, based on the lessons.
    • Communication: Very effective, for the teachers and the students as well. Very good collaboration and joined activities. Every step of one team demanded the feedback from the other team and we did it!
    • Use of technology: We didn’t use many different web applications because we wanted to make the most of the twinspace forums for the collaboration of the students.
    • Results and impact: One of the best results of the project was the improvement of the students’ performance in school. Students acquired digital skills concerning the use of websites that they will need in their career. We also have now a tool (the website) for the dissemination of the school projects concerning the urban green and sustainability, in a worldwide level that we intend to use in the years to come.

     

    Marcos Vence (IES San Clemente)

    Parto da avaliación da miña colega María, que comparto plenamente, para insistir nos aspectos máis importantes deste proxecto, que non quero que pasen desapercibidos:

    • Clave do éxito deste proxecto: 

      Os alumnos realizaron as diferentes fases do proxecto de forma autónoma, responsabilizándose das súas decisións e utilizando recursos que normalmente non están dispoñibles dentro da aula. Por exemplo: contratar dominios e aloxamento web reais.
       
      Tamén utilizaron o TwinSpace con autonomía: todos tiñan o rol de alumno-administrador e puideron crear fíos de conversa nos foros, interactuaron neles directamente segundo os roles provedor/cliente e responsabilizáronse de cumprir os prazos marcados. O seu traballo foi de grande calidade grazas á súa capacidade de aprendizaxe autónoma, á súa curiosidade e ao seu perfeccionismo

    • O resultado final:

      Construímos un website trilingüe en galego, grego e inglés, con información técnica, planos e galerías de imaxes sobre paisaxismo. O website é plenamente operativo e o hosting ten unha duración de tres anos, co cal será utilizado polo cliente (o instituto grego) nos próximos anos, con soporte puntual do equipo de ToxoSoftware.

      A publicación de contidos durante este ano escolar pasou a un segundo plano posto que o importante era crear un sitio web funcional, cumprindo os requirimentos dos clientes, e ensinarlles a utilizalo, de maneira que no futuro poidan desenvolver e publicar os novos contidos de forma autónoma, tal e como se fai no mundo real.

    • Traballo invisible:

      Os dous sitios web non reflicten todo o traballo realizado durante os nove meses de proxecto. Para iso é indispensable consultar os manuais creados polos alumnos, que mostran cada paso de configuración, test e corrección, nos servidores Hostinger, Wordpress e osTicket.

    • Vídeo conferencias e foros:

      Os recursos non sempre funcionan como sería desexable. Nós realizamos dúas vídeo conferencias porque pensamos que nun contexto real as  empresas tamén o farían. Pero, a pesar do ben que as preparamos, a comunicación non foi tan boa como esperabamos por causa de problemas técnicos. Pola contra, a interacción nos foros foi óptima, a comunicación contínua e de grande calidade.

    • Sen equipos mixtos:

      Neste proxecto non cadraba o traballo nos chamados equipos mixtos (cada equipo con membros das dúas escolas) porque este método non respondía ás nosas necesidades. Somos unha empresa de informáticos e outra de agricultores: cada alumno asumiu o papel que lle correspondería no mercado laboral segundo a súa profesión.