Francisco Sotelo Otero ( O MAGOSTO NAS NOSAS ESCOLAS)

  • A TRADICIÓN DO MAGOSTO EN GALICIA

    A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

    O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

    Fonte: Galipedia.

    O magosto mantívose ó longo do tempo e hoxe en día é tamén, unha das celebracións por excelencia nas nosas escolas:

    https://infantilaldan.blogspot.com/2016/12/a-nosa-festa-do-outono-o-magosto.html

    Hai contos, cancións, refráns, manualidades... dedicados a esta festividade tradicional galega:

     a) Conto: https://www.youtube.com/watch?v=xyrfY64FaSE

     b) Cancións: Rap do magosto, Chegou magosto...

      c) Refráns: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprubians/?q=node/963

      d) Cucuruchos feitos de papel de periódico, con cartóns de leite, de cartulina...

    Por outra banda, expoño un exemplo dunha experiencia práctica que me facilitaron, sobre a celebración do magosto nun cole:

    Como o refrán di: "Polo San Martiño, peóns ao camiño". Pois aproveitamos os días antes do magosto para introducirlle este xogo popular aos nenos e decoraron cada un o seu trompo. Levan unhas semanas practicando e hai uns cuantos, incluso de infantil, que xa os bailan con xeito.

    No mesmo día do magosto, despois do patio, organizamos outros xogos populares e xogan en grupos mesturados, pequenos e maiores.

    Dende a ANPA organizan un concurso de biscoitos para esa tarde e, aínda que este ano non concursamos porque sempre gañabamos, fixemos un obradoiro cos nenos de educación infantil, 1º, 2º e 3º e prepararon uns biscoitos para compartir e convidar tamén ás familias. A cociña sempre é un éxito!

    E enlazado co tema dos xogos populares cantaron unha canción para os pais: Os xogos, de Migallas.

     Información facilitada por: Alba Santa Cruz; e recollida no foro: https://twinspace.etwinning.net/910/forums/forum/67782/topic/739291

    Adxunto, tamén, un exemplo de unidade didáctica sobre o magosto para nenos e nenas de 5 anos:

     

    Ademais, fixen uso das seguintes ferramentas externas e nas que chamo a vosa colaboración:

     

    MEETINGWORDS

    Deixo aquí a ligazón ó meu meetingwords sobre o magosto: http://meetingwords.com/sitemap-index-xml-gz

     

    PADLET

    A ligazón ó meu padlet, por se alguén lle interesa colaborar: https://padlet.com/quico_sotelo/sreby4z5094y

    Hecho con Padlet

     

    TRICIDER

    Creei unha encuesta a través da miña conta de Tricider. Esta é a ligazón: https://www.tricider.com/admin/3Eh7EPrlIIF/6Rwx7jUGxTh

excelfiletwo-foldersframe-landscapegraphpaintpdf-file-format-symbolpicturepowerpointvideo-camerawordzip-compressed-file-format-interface-symbol
user