RELATOS CURTOS 100% GALEGOS

  • O relato curto "O peso da tradición" escrito por Manuel Núñez Singala dentro do seu libro Instruccións para tomar café fala da realidade galega de antes, a emigración e a de agora, o descendente deses emigrantes que maltrata aos inmigrantes. paréceme un tema moi interesante e de actualidade para traballar na aula cos alumnos e de paso tocar temas como o respecto, a non violencia e a tolerancia.

    Recordoume a ese Balbino de Neira Vilas. Todo o que sufriron e pelexaron os galegos non vale nada si non temos en conta a tolerancia e o respecto polos outros.

    Comentarios sobre o libro do autor   Comentarios do autor sobre o libro

    Aquí tedes o relato traducido ao castelán.

    el peso de la tradición.pdf

    Achega de Carmen Fernández ao libro de Núñez Singala

    Neste padlet amosámoste o video sobre o relato curto "O peso da tradición", feito polos alumnos de 2º ESO. Está en castelán porque forma parte dun proxecto con institutos do norte de España.

    Anímate a crear entre todos un relato 100% galego. Fai a túa aportación.

    PASEANDO POLA MIÑA TERRA

    E xa para rematar, participa nunha enquisa sobre tradicións galegas e engade todo o que se che ocorra.


     

    E NESTE FORO podedes ver e aportar todo o que vos ocorra sobre este tema.