Antonio Fraga. proba o HIIT e ponte en forma con 7' ao día

  •  

    FLIPPED CLASSROOM / HIIT 

     

    HIIT ( exercicios interválicos de alta intensidade)

     Que é o HIIT?

    HIIT son as siglas das seguintes palabras en inglés: “High Intensity Interval Training”, que en galego vería sendo: exercicios interválicos de alta intensidade.

    Antes de empezar, vouvos explicar qué é iso de interválico e de alta intensidade.

    1. Interválico: Neste caso significa que entre un exercicio e outro haberá un tempo de descanso.

    Por exemplo:

    • facer jumping jacks durante 20 segundos
    • descansar: 20 segundos
    • facer sentadilla en parede: 20 segundos
    • descansar: 40 segundos

     

    Se queres acceder a máis información podes clicar no seguinte documento onde poderás ver todo o texto completo:

    rutina hiit completa;twinspace.pdf

     Un vídeo vale máis que mil palabras, así que tamén che deixo un vídeo onde podes ver unha rutina completa.

     

    Por favor se tes información interesante sobre este tema e queres colaborar na elaboración do contido, podes facelo no seguinte enlace.

    https://twinspace.etwinning.net/86084/forum/90343/thread/1090405

    É un fío de conversa do foro .

     

    Primeira colaboración:

    Javier Sueiro acaba de facer unha aportación no foro que me parece moi útil e interesante. No seu caso utiliza  Google Classroom. "Antes das clases envíolles a teoría simplificada en presentacións e tamén o WOD que farán na seguinte clase. O WOD ten 3 niveis diferentes de complexidade e así os nenos, poden traer escollido de casa o adestramento a realizar e ás dúbidas sobre o mesmo". Acompaño un enlace no que se explica que é iso do WOD.

    https://www.sinburpeesenmiwod.com/que-es-wod-crossfit-como-se-entrena/

    No meu caso, tamén utilizo os códigos QR nas fichas que teñen á súa disposición nas clase. Usan tablets do colexio e así poden acceder ao vídeo en tempo real e no momento que o necesite. Paréceme unha boa forma de utilizar as TIC en educación física e non perder sesións de práctica.

    Poño un exemplo a continuación de ficha qu teñen á súa disposición os alumnos na clase.

     

    A continuación podedes ver un paddlet no que se pretende explicar cales son os exercicios máis frecuentes no HIIT, como se fan e consellos para evitar lesións. Eu comezo explicando o "Wall Sit" e espero que alguén se sume a esta iniciativa e poidamos enriquecer esta páxina e o coñecemento sobre a condición física.

    Penso que pode ser útil tamén MeetingWords para poder editar a información a través da rede.Premendo no link de abaixo, accederás Meetingwords.

    Meetingwords

    Por último, gustaríame saber a túa opinión sobre o uso da metodoloxía HIIT en educación física na educación primaria ou eres máis partidario doutras opcións. Para participar na enquisa utilizaremos a ferramenta Tricider. Anímate, paritcipa e bótanos unha man.