London

  • Guía de Londres

    Autores e autoras (IES San Clemente): Esteban Dóminguez Paz, Miguel Rodríguez Rivera, Manuel Ferrán Pousa, Guillermo Digón, Marcos Lires.

    1. Documentación

    A documentación que precisas para desenvolverte en Londres é a seguinte:

    • Documento de identidade: DNI ou pasaporte. O pasaporte non é obrigatorio, pero si moi recomendable.
    • Tarxeta Sanitaria Europea.

    2. Medios de pago

    Para moverse por Londres é necesario dispoñer dos seguintes medios de pago:

    • Tarxeta de débito/crédito: unha alta porcentaxe das compras realízanse coa tarxeta. É o medio de pago preferido, incluso para cantidades pequenas. No caso de utilizar efectivo non é moi recomendable ter moitos billetes superiores a 20 libras xa que poucas tendas os aceptan. De todos modos, é moi recomendable consultar coa nosa entidade banaria as comisión derivadas do uso da tarxeta para non levar sorpresas, tanto en pago en puntos de venta como para a retirada en caixeiros.
    • Libras en efectivo: sempre é preferible levar unha cantidade moderada de libras en efectivo porque sempre vai haber algunha situación na cal necesitemos efectivo.

    Para realizar cambios de divisa, un banco virtual que permite realizar o cambio sen perder demasiado é Revolut.

    3. Galicia - Londres

    A opción máis común é o avión. Desde calquera aeroporto de Galicia temos voos a Londres.

    O aeroporto de Coruña é o único que ten conexión directa con Heathrow. A compañía encargada deste traxecto é Vueling e o prezo é máis alto ca voar a  Gatwick, Luton o Stansted, pero aforraremos o traxecto do aeroporto ao centro, o cal pode ser de 1 ou 2 horas. Ademais, aforraremos o coste do bus ou tren.

    Desde o aeroporto de Santiago pódese voar a Stansted con Ryanair. Teremos que engadirlle unha viaxe dunha hora en tren ata o centro de Londres.

    Desprazamento desde o aeroporto ao centro de Londres

    Unha vez teñamos escollido o aeroporto que máis se axusta ás nosas necesidades, deberemos escoller o medio de transporte que usaremos para viaxar ata o noso aloxamento. Independentemente do aeropoto que escolleramos, preséntansenos as seguintes opcións:

    • Desde Heathrow: a opción máis rápida é o metro, o cal ten unha conexión directa co aeropoto, polo que aforraremos moito tempo.
    • Desde Gatwick: para ir ao centro de Londres (estación de Victoria) temos a opción de tren ou bus. A máis rápida é a primeira, co Gatwick Express. A segund a é a máis económica.

    4. Aloxamento

    O aloxamento é o punto primordia da experiencia Erasmus, xa que será o lugar onde se pasen máis horas, polo que deberemos escoller o mellor aloxamento posible dentro das nosas posibilidades e necesidades.

    Preséntanseno varias opcións: piso compartido, host family, hostel ou residencia para estudantes.

    Piso compartido

    Non é moi recomendable contratar o alugueiro dun piso desde España xa que abundan as estafas e enganos. Non é a mellor das opcións, pero no caso de decantarse por ela, é preferible buscar outro aloxamento para os primeiros días e xestionar a busca do piso desde Londres.

    Host Family

    Pode ser a mellor opción en canto a aloxamento. Existen centos de familias de todo tipo e condición que ofertan aloxamento na capital británica, polo que será máis fácil atopar un aloxamento que se adapte ás nosas necesidades. Una páxina para buscar unha host familiy é Homestay.

    Residencia de estudantes

    Normalmente teñen un prezo elevado, aínda que, dependendo dos servizos ofertados, poden ser unha boa opción se se dispón dos recursos económicos.

    Hostel

    Opción relativamente económica, aínda que máis cara que unha host family e con un ambiente posiblemente demasiado distentido para as nosas necesidades. Unha recomendación é Holland House.

    O Holland House ten prezo competitivo: 960 libras ao mes por unha habitación individual a media pensión. A ubicación é céntrica, a 5 minutos camiñando de Victoria. O punto negativo é que a calidade da comida é mala.

    5. Transporte

    A relación entre o prezo do aloxamento e o prezo do transporte é un dos principais a ter en conta á hora de buscar aloxamento. Deberemos ter moi en conta a zona na cal temos pensado vivir para calcular a relación. 

    A importancia desta relación atópase nun feito moi simple: os aloxamentos máis económicos que atoparemos en Londres serán os que están máis lonxe do centro, pero o que aforramos en aloxamento irase incrementando no prezo do transporte. Esto será así sempre que empregemos transporte ferroviario, xa que o bus ten unha tarifa fixa de £1.5 sexa cal sexa o destino.

    Hoxe en día é imprescindible conseguir a tarxeta Oyster para acceder ao transporte, xa que os autobuses só aceptan esta e, en xeral, é moi conveniente. Pódese obter na maioría das estacións e pódese recargar con cartos ou cun bono semanal ou mensual. É moi útil se vas ao traballo en metro ou tren.

    O prezo do metro é variable en función das horas. Por exemplo, en hora punta é máis caro. A isto hai que engadirlle que hai liñas que van abarrotadas pola mañá, polo que se debe evitar na medida do posible. A peor liña para iso é a Central Line.

    6. Foros

    Algúns foros de Internet para buscar axuda son Forolondres e Erasmusu. Un blog de información práctica sobre Londres é trucoslondres.com.

    7. Telefonía móbil

    Co fin do roaming na Unión Europea desde xuño do 2017, se usamos o noso móbil español pagamos o mesmo no Reino Unido que en España durante os tres primeiros meses. Despois xa teremos que informarnos acerca das opcións máis económicas.

    8. Orientación en Londres

    É necesario saberse orientar en Londres para saber onde estamos e a onde queremos ir, polo que é importante ter algunha aplicación de axuda no teléfono que nos proporcione un mapa da cidade.

    Sempre podemos botar man de Google Maps para orientarnos. Podemos planificar as nosas rutas no metro, bus, tren ou incluso a pé. É aconsellable utilizalos sempre que teñamos unha tarifa de Internet, aínda que existe a opción de descargalos para telos de forma offline.

    Outra alternativa é Citymapper, máis centrada en buscar combinacións de transporte para moverse pola cidade. Imprescindible para chegar a calquera lugar. 

    9. Coste da vida

    O coste promedio da vida en Londres é máis alto que en España, pero unha vez nos acomodemos na cidade non será difícil atopar tendas ou establecementos onde facer as nosas compras habituais a un prezo moi razonable.

    Deste modo, podemos dicir que os dous factores que encarecen a vida en Londres son o transporte e o aloxamento, polo que resulta primordial atopar un aloxamento o mellor situado posible e a un prezo razonable. Desta maneira, poderemos desfrutar da nosa experiencia Erasmus dunha forma máis relaxada, economicamente falando.

    10. Emprego

    É aconsellable que se estás en prácticas te apuntes no SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) como demandantes de emprego en España, pois no caso de que te contraten, poderían acceder a unha bola Eures. Isto hai que comunicalo previamente á sinatura do contrato. A contía é bastante elevada. Podes atopar información sobre o trámite na páxina web do SEPE.

    España esgotou o crédito, pero pódense solicitar a Suecia ou a Francia. Basicamente son tres axudas: para entrevista, para o traslada e para un curso de inglés.